O esperanto é unha lingua auxiliar artificial elaborada para servir como lingua internacional para toda a poboación mundial sen substituír as linguas naturais. O esperanto é, actualmente, a lingua artificial máis falada.
O esperanto é un idioma auxiliar internacional, concibido como segunda lingua de comunicación (despois da lingua nai). A maior parte do seu vocabulario está formado por raíces de linguas modernas de orixe indoeuropea e tamén do latín e o grego clásicos. Pola súa estrutura simplificada e case sen excepcións Wells, John (1978): Lingvistikaj aspektoj de Esperanto. Rotterdam: Universala Esperanto-Asocio. o esperanto resulta sinxelo de aprender. Polo demais, esta lingua funciona como calquera outra.
A creación dunha lingua artificial tiña como obxectivo que ningún falante fose subordinado ou privilexiado nos necesarios contactos lingüísticos entre individuos de distintas falas, xa que deste xeito ningún posuía a lingua de intercambio como lingua materna. O obxectivo foi crear unha lingua que fose fácil de aprender para calquera persoa.
Historia dereita|miniatura|200px|Primeira edición en inglés de Lingua internacional (1888).
O esperanto foi desenvolvido a finais da década de 1870 e a comezos da década de 1880 polo oftalmólogo xudeu Ludwik Lejzer Zamenhof. Logo de 10 anos de traballo, que Zamenhof pasou traducindo literatura ao idioma, así como escribindo prosa e versos orixinais, a primeira gramática do esperanto foi publicada en Varsovia en xullo de 1887, asinada co nome de Doktoro Esperanto (Doutor Esperanzado).
O primeiro grupo de Esperanto apareceu en Alemaña da man de Leopold Einstein que mantiña correspondencia con Zamenhof e fora o fundador e presidente do club de Volapük de Nürnberg, ata dimitir en febreiro de 1888 por razóns de saúde, da súa man o novo presidente Christian Schmidt, tamén esperantista, levou ao club a mudar en asemblea, celebrada o 18 de decembro de 1888, a súa dedicación cara ao EsperantoKorzhenkov, Aleksandr (2009). Zamenhof: The Life, Works and Ideas of the Author of Esperanto. New York: Mondial, p. 20.. O ano seguinte apareceu a primeira publicación periódica, La Esperantisto, por iniciativa do propio Zamenhof e editado por Christian Schmidt, tiña carácter mensual, mantívose ata 1895 e en 1894 tiña 717 subscritores, o 60% rusosBibliografio de Internacia Lingvo 1929, p. 306.
A cifra de falantes medrou axiña durante as décadas seguintes, nun principio no Imperio ruso e na Europa oriental, logo na Europa occidental, en América, na China e no Xapón. Nos primeiros anos do movemento, os esperantistas mantiñan contacto por correspondencia e por medio de publicacións periódicas, pero en 1905 levouse a cabo o primeiro Congreso Universal de Esperanto, na cidade francesa de Boulogne-sur-Mer. Dende entón, os congresos mundiais organizáronse nos cinco continentes ano tras ano agás durante as dúas Guerras Mundiais.
Distribución xeográfica 200px|miniatura|esquerda|Bandeira do movemento esperantista
Falantes As características do esperanto e os obxectivos do movemento esperantista provocaron unha propagación relativamente elevada nos seus comezos, pero a finais dos anos trinta sufriu unha dura freada, debido ás guerras e as represións políticas. É difícil dicir cantos falantes de esperanto hai na actualidade. A maioría das fontes fan referencia a dous millóns de falantes (con maior ou menor nivel de lingua) en todo o mundo. Hai tamén varios centos de falantes nativos, en moitas ocasións nacidos no seo de familias multiculturais cuxa lingua habitual no lar é o esperantoCorsetti, Renato. "A Mother Tongue Spoken Mainly by Fathers", en Language Problems & Language Planning, vol. 29, number 3, 1996, pp. 263-273.. Cada ano hai centos de novos títulos (tanto traducidos como orixinais) que se publican en esperanto, así como música e ata filmes. Tamén hai un gran número de xornais, revistas e emisoras de radio que transmiten en esperanto.
Internet deulle un novo pulo á lingua, os esperantófonos teñen acceso a foros de discusión, publicacións en liña, blogs, cancións, vídeos que son accesibles tamén á poboación sen coñecemento da lingua. Así, tamén hai moitas organizacións especializadas ou de temática xeral que usan este idioma como lingua de traballo Universala Esperanto-Asocio (2017): Jarlibro 2017. Rotterdam: Universala Esperanto-Asocio.
O esperanto é o que ten máis éxito de todos os idiomas planificados ata o día de hoxe. A finais de 2003, a Universala Esperanto-Asocio (Asociación Universal de Esperanto) tiña 16.978 membros en 111 países do mundo, e o Universala Kongreso (Congreso Universal de Esperanto) usualmente reúne de dous mil a catro mil esperantistas cada ano.
Actualmente, existen institucións internacionais, como a Akademio de Esperanto e a Universala Esperanto-Asocio, que se ocupan da promoción e protección da cultura esperantista.
Galicia
right|miniatura|Peche do 32º Congreso Español de Esperanto. Vigo o 20-25 de xullo de 1972. En Galicia, a principios do século XX, había asociacións esperantistas nas cidades da Coruña, Betanzos, Santiago de Compostela, Mondoñedo, Vilalba, Foz, Lugo e Vigo; na actualidade só existe unha asociación galega, a Galega Esperanto-Asocio. Da literatura galega foron traducidas integramente ao esperanto Retrincos, de Castelao, traducida por Fernando de DiegoRodríguez Castelao, Alfonso (1983): Viveroj. Santiago de Compostela: Universitato de Santiago de Compostela.; Memorias dun neno labrego de Xosé Neira VilasNeira Vilas, Xosé (2017): Memoraĵoj de kampara knabo. Nova York: Mondial., A ferida, de Begoña PazPaz, Begoña (2019): La vundo. Nova York: Mondial., e Vento ferido, de Carlos CasaresCasares, Carlos (2019): Vundita vento. Partizánske: Espero., traducidas por Suso Moinhos.
Sons
Vogais O esperanto ten cinco vogais. A lingua non fai distinción na lonxitude das vogais e tampouco existen vogais nasalizadas.
Frontal Posterior pechada Media Aberta
Hai seis ditongos decrecentes : uj, oj, ej, aj, aŭ, eŭ (, , , , , ).
Con só cinco vogais, tolérase un alto grao de variación. Por exemplo, vai dende (e pechado galego) ata (e aberto galego); estas diferenzas case sempre dependen da lingua nai do falante. Aínda que non é contemplado na norma da lingua, algúns falantes articulan un paro glotal [ʔ] entre vogais adxacentes, especialmente se as vogais son as mesmas, como en heroo (heroe) e praavo (bisavó).
Consoantes Bilabial Labio-dental Alveolar Post-alveolar Palatal Velar Glotal Oclusiva Nasal Vibrante simple Fricativa Africada Aproximante lateral Aproximante
Fonoloxía do esperanto
O esperanto ten 5 vogais e 23 consoantes, dúas das cales son semivogais. Non ten tons. Ao igual ca no náhuatl ou o polaco o acento tónico sempre cae na penúltima sílaba, a menos que a vogal final o sexa elidida, o cal adoita acontecer na poesía. Por exemplo, familio (familia) é , pero famili’ é .
Gramática miniatura|200px|A lingua internacional, coñecido como "O primeiro libro", editado en ruso (1887)
A gramática do esperanto baséase nas coñecidas como 16 regras do esperanto que non teñen excepcións e o seu alfabeto é fonético (a cada son corresponde unha soa letra e viceversa). Posúe unha estrutura moi regular (as mesmas terminacións de palabras para as mesmas partes do discurso, por exemplo, -o para substantivos e -a para adxectivos). O seu carácter aglutinante permite construír de forma sistemática palabras combinando raíces, prefixos e sufixos. Isto implica que, a partir dun número relativamente pequeno de raíces, pódense expresar todos os conceptos posibles, o que acelera a aprendizaxe debida ao reducido vocabulario para memorizar.
Morfoloxía Ao ser unha lingua artificial, o esperanto non está xenealoxicamente relacionado co idioma dalgún grupo étnico.
Podería ser descrito como "un idioma cuxo léxico é eminentemente latino. Dende un punto de vista morfolóxico, é predominantemente aglutinante, ao punto de ter un carácter un pouco illante". A fonoloxía, gramática, vocabulario e semántica están esencialmente baseadas en linguas indoeuropeas occidentais. A escolma fonémica é eslava, malia ser principalmente románico case todo o vocabulario, cunha achega menor por parte das linguas xermánicas. Os trazos pragmáticos, entre outros, non foron definidos nos documentos orixinais de Zamenhof.
Tipoloxicamente falando, o esperanto é un idioma preposicional e a súa orde por omisión é Suxeito Verbo Obxecto e Adxectivo - Substantivo, aínda que tecnicamente calquera orde é posible grazas aos morfemas que sinalan a función gramatical de cada palabra. Pódense crear novas palabras mediante o uso de afixos:
ĝoja 'contento' - malĝoja 'triste' herbo 'herba' - herbejo 'prado' koko 'galo' - kokido 'pito'
Case a totalidade dos afixos poden ser usados tamén como morfemas con valor léxico. Seguindo os exemplos anteriores:
mala 'contrario, -a'; male - 'pola contra'; la malo - 'o contrario' ejo - 'lugar' ido - descendente, fillo; idaro - descendencia, prole
Desta forma, hai palabras formadas totalmente por afixos, como a xa mencionada idaro, ou aliĝi 'inscribirse', 'anotarse'; ilarujo 'caixa das ferramentas' etc.
Pode ser interesante comparar os sistemas de derivación regular mediante afixos do esperanto cos doutras linguas aglutinantes, como o xaponés:
xaponésesperantosignificadotabemasu, tabemonomanĝi, manĝaĵocomer, comidanomimasu, nomimonotrinki, trinkaĵobeber, bebidakimasu, kimonovesti, vestaĵovestir, vestido/peza de roupa
Léxico
miniatura|Abecedario do esperanto nunha escola infantil de Mazara del Vallo, Sicilia O vocabulario do Esperanto provén de moitas linguas. Algunhas palabras novas teñen a súa orixe en idiomas non indoeuropeos, coma o xaponés, por ser consideradas internacionais. Con todo, a gran maioría do vocabulario do esperanto procede das linguas romances (principalmente o latín, o italiano e o francés), o alemán e mailo inglés.
Exemplos etimolóxicos
do latín e as linguas romances: do latín: abio, sed, tamen, okulo, akvo, vulpo (abeto, pero, non obstante, ollo, auga, raposo) do francés: dimanĉo, fermi, ĉe, frapi, ĉevalo, butiko (domingo, pechar, en, bater, cabalo, tenda) do italiano: ĉielo, fari, voĉo (ceo, facer, voz) do castelán: ĉarlatano (charlatán) do portugués: saŭdado (saudade) de varias: facila, fero, tra, verda (doado, ferro, a través de, verde) das linguas xermánicas: do alemán: baldaŭ, bedaŭri, haŭto, jaro, fraŭlino, nur (cedo, lamentar, pel, ano, señorita, só) do inglés: birdo, mitingo, spite, suno, teamo, ŝi (ave, mitin, a despeito, sol, equipo, ela) de varias: bildo, fiŝo, fremda, grundo, halti, hasti, hundo, ofta, somero, ŝipo, vintro (imaxe, peixe, estranxeiro, chan, parar, bulir, can, frecuente, verán, barco, inverno) das linguas eslavas: do polaco: celo, ĉu, krado, luti, moŝto, piĉo (obxectivo, (partícula interrogativa), reixa, soldar, alteza, cona) do ruso: barakti, serpo, vosto (forcexar, fouciño, rabo) de varias: klopodi, krom, prava (tentar, ademais de, acertado) doutras linguas indoeuropeas: do grego antigo: hepato, kaj, biologio, politiko (fígado, e, bioloxía, política) do lituano: du, ju, tuj (dous, canto máis, inmediatamente) do sánscrito: budho, nirvano (buda, nirvana) das linguas saamis: samea, boaco, jojko (saami, reno, joik -música tradicional lapoa-) das linguas urálicas: do finés: lirli, saŭno (cantaruxar -a auga-, sauna) do húngaro: cinci, ĉako, ĉardo, ĉardaŝo, ĉuro (chiar -os ratos-, gorro alto de uniforme, taberna húngara, chardas, leitada -seme-) das linguas semíticas: do árabe: kadio, kaido (cadí, caíd) do hebreo: kabalo (cábala) doutros idiomas: do xaponés: cunamo, utao, zeno, obio, getao, toŭfuo, sakeo, kakemono (tsunami, uta -composición poética xaponesa-, zen, obi -cinto do quimono-, sandalia xaponesa, tofu, sake, pintura colgante xaponesa)
Criterios para a escolla do vocabulario