1917 (MCMXVII) foi un ano común comezado en luns segundo o calendario gregoriano.

Acontecementos 6 de abril: Os Estados Unidos declaran a guerra a Alemaña, entrando así na primeira guerra mundial. Ano da Revolución Rusa.

Acontecementos de maior duración Primeira guerra mundial (1914-1918) Xenocidio armenio (1915-1918) Holocausto helénico (1914-1922)

Arte e cultura Marcel Duchamp, "Fonte", un dos seus readymades máis famosos.

Nacementos 2 de xaneiro - Vera Zorina, bailarina e actriz alemá. 19 de febreiro - Carson McCullers, escritora norteamericana. 25 de febreiro - Anthony Burgess, novelista británico. 1 de marzo - Robert Lowell, poeta estadounidense. 1 de marzo - Ángel Lemos de los Reyes, pintor e escultor galego (m. 2002). 6 de marzo - Will Eisner, creador de banda deseñada estadounidense (m. 2005). 19 de marzo - Dinu Lipatti, pianista e compositor romanés (m. 1950). 25 de abril - Ella Fitzgerald, cantante estadounidense (m. 1996). 16 de maio - Juan Rulfo, escritor mexicano. 29 de maio - John Fitzgerald Kennedy, presidente dos Estados Unidos. 3 de xuño - Sisenando Martínez Gil, médico militar galego 9 de xuño - Eric Hobsbawm, historiador británico. 13 de xuño - Augusto Roa Bastos, escritor paraguaio. 2 de agosto - Manuel Lucas Álvarez, historiador e político galego. 22 de agosto - John Lee Hooker, cantante de blues estadounidense. 28 de agosto - Jack Kirby, debuxante de cómics estadounidense. 7 de setembro - Xerardo Fernández Albor, político galego. 21 de outubro - Dizzy Gillespie, músico estadounidense. 11 de novembro - Manuel Alexandre, actor español (m. 2010). 19 de novembro - Indira Gāndhi, primeira ministra da India. 22 de novembro - Andrew Huxley, bioquímico británico, Premio Nobel de Medicina. 16 de decembro - Arthur C. Clarke, escritor inglés. 21 de decembro - Heinrich Böll, escritor alemán.

Mortes 6 de marzo - Lazar Mladenov, bispo grecocatólico búlgaro (n. 1854). 8 de marzo - Eduardo Pondal, poeta galego do Rexurdimento. 11 de marzo - Andrés Avelino Comerma Batalla, militar, naturalista e enxeñeiro español (n. 1842). 15 de marzo - Heliodoro Fernández Gastañaduy, médico e escritor galego (n. 1859).

24 de marzo - Xesús Rodríguez López, médico e escritor galego. 28 de marzo - Joaquín Fernández Sestelo, farmacéutico, agrarista e xornalista galego. 14 de abril - L. L. Zamenhof, creador do Esperanto. 26 de abril - Álvaro López Mora, avogado e político galego. 12 de agosto - Eduard Buchner, químico alemán, premio Nobel de Química en 1907. 20 de agosto - Adolf von Baeyer, químico alemán, premio Nobel de Química en 1905. 11 de setembro - Fanny Garrido, escritora galega. 27 de setembro - Edgar Degas, pintor francés. 15 de outubro - Mata Hari bailarina exótica e espía (n. 1876) 15 de novembro - Émile Durkheim, sociólogo francés. 17 de novembro - Auguste Rodin, escultor francés.

Premios Nobel Física: Charles Glover Barkla Química: Non concedido Fisioloxía ou Medicina: Non concedido Literatura: Karl Gjellerup e Henrik Pontoppidan Paz: Comité Internacional da Cruz Vermella

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1917