1859 (MDCCCLIX) foi un ano común comezado en sábado segundo o calendario gregoriano.

Acontecementos Portugal e Países Baixos reparten a illa de Timor. 14 de febreiro - Oregón convértese nun novo estado americano.

Arte e cultura Cataluña: restáuranse os Xogos Florais. Publícase por primeira vez A orixe das especies, de Charles Darwin.

Nacementos 8 de xaneiro - Fanny Bullock Workman, escaladora e escritora estadounidense (m. 1925). 10 de xaneiro - Francesc Ferrer i Guàrdia, pedagogo catalán. 11 de xaneiro - Alfredo Brañas, pai do rexionalismo galego (m. 1900). 10 de febreiro - Alexandre Millerand, presidente e primeiro ministro de Francia (m. 1943) 8 de abril - Edmund Husserl, filósofo alemán. 15 de maio - Pierre Curie, físico francés, Premio Nobel de Física en 1903. 22 de maio - Arthur Conan Doyle, escritor británico. 28 de xullo - Xesús Rodríguez López, médico e escritor galego. 4 de agosto - Knut Hamsun, escritor noruegués, Premio Nobel de Literatura (m. 1952) 9 de outubro - Alfred Dreyfus, militar francés célebre polo "Caso Dreyfus". 18 de outubro - Henri Bergson, filósofo e escritor francés, premio Nobel de Literatura en 1927. 20 de outubro - John Dewey, filósofo estadounidense. 5 de novembro - Uxío Carré Aldao, escritor e libreiro galego (m. 1932). 5 de novembro - Manuel García Prieto, político español. 15 de novembro - Christopher Hornsrud, primeiro ministro de Noruega (m. 1960) 15 de decembro - L. L. Zamenhof, creador do Esperanto (m. 1917) 29 de decembro - Venustiano Carranza, presidente de México (m. 1920)

Mortes 28 de xaneiro - Frederick John Robinson, primeiro ministro británico (n. 1782) 16 de abril - Alexis de Tocqueville, historiador francés (n. 1805) 6 de maio - Alexander von Humboldt, naturalista alemán (n.1769). 11 de xuño - Klemens Wenzel von Metternich, político e diplomático austríaco. 2 de setembro - Delia Bacon, escritora de obras de teatro e contos norteamericana. (n. 1811). 15 de setembro - Isambard Kingdom Brunel, enxeñeiro inglés. 28 de novembro - Washington Irving, escritor estadounidense.

Véxase tamén Outros artigos Historia ano a ano

Categoría:1859