miniatura|dereita|A vila de Rianxo na ría de Arousa miniatura|dereita|A cidade de Marín na ría de Pontevedra miniatura|dereita|Ría de Muros miniatura|dereita|Ría de Ferrol A ría é unha entrada de costa, ou grande estuario, que se formou polo afundimento parcial dun val costeiro de río.Goudie A.S. et al. 2004. Encyclopedia Of Geomorphology. ISBN 10: 0415863007 ISBN 13: 9780415863001 As rías diferéncianse dos fiorde porque o val non tivo unha orixe glacial. Apareceron durante a regresión do último período glacial, que foi o Holoceno.No caso das rías europeas este período dernomínase como a transgresión Flandriana Do mesmo xeito que no caso dos esteiros, para a ría, a confluencia de augas de mar e río é unha das súas características determinantes. A vida nelas está determinada pola influencia equilibrada de mar e río, maiormente en canto ás súas augas e correntes, estando por un lado rexido polas subidas e baixadas das mareas e por outro condicionado polo caudal do río. Polo feito de estar situadas na parte final dun río, as rías teñen tendencia ao ateigamento, é dicir, á recepción e enchido por materiais erosivos do propio río, así como doutros arrastrados polas correntes costeiras, que ó entrar no recuncho que ofrecen as rías suavizan a súa potencia e descargan materiais.
Rías En España son coñecidas as Rías Baixas e as Rías Altas en Galicia, aínda que tamén se podee atopar este tipo de desembocaduras en Asturias, Cantabria, País Vasco e Huelva. En Portugal están tanto a ría de Aveiro como a ría Formosa (Algarve).
Nas costas galegas e cantábricas, de sur a norte e de oeste a leste, están as seguintes rías:
Galicia
Rías Baixas Ría de Baiona Ría de Vigo Ría de Pontevedra Ría de Arousa Ría de Muros e Noia Ría de Corcubión
Rías Altas Segundo o tempo de aparición xeolóxico das rías, as rías por riba de Cabo Fisterra pódense clasificar como rías Altas e Medias. O termo de rías Medias xorde para definir as rías que están entre Cabo Fisterra e Estaca de Bares e que apareceron posteriormente ás rías Baixas e antes que as cantábricasJ. R. Vidal-Romaní; A. Martelli, D. Fernández-Mosquera, E. de Uña and J. Yepes. Galicia region: Landforms and morphological evolution of granitic areas. Sith International Conference on Geomorphology of Granitic Areas. Zaragoza, 2005..
Rías Medias ou centrais Ría de Camariñas Ría de Corme e Laxe Ría da Coruña ou Ría do Burgo Ría de Betanzos Ría de Ares Ría de Ferrol Ría de Cedeira Ría de Ortigueira Rías Altas Ría do Barqueiro Ría de Viveiro Ría de Foz Ría de Ribadeo
Do resto do Mar Cantábrico Ría de Navia Ría de Villaviciosa Ría de Tina Menor Ría de Bilbao Ría de Pasaxes
Rías na Bretaña Rias (chamadas aber en bretón e en francés) en Finistère : Aber-Wrac'h (Aber Ac'h en bretón) Aber-Benoît (Aber Benniged en bretón) Aber-Ildut (Aber Iltud en bretón) Ribeira do Trieux, en Côtes-d'Armor Val do río Rance, en Ille-et-Vilaine
Rías en Portugal Ría de Aveiro Ría de Alvor Ría de Faro Ría Formosa
Rías nas Illas Británicas Gales Milford Haven, en Pembrokeshire. Irlanda Lough Swilly, situada na punta norte na rexión da península de Inishowen. Inglaterra A costa sur do país ten numerosas rías (rias): Portsmouth Harbour Langstone Harbour, Chichester Harbour, Pagham Harbour, Southampton Water, Poole Harbour Os esteiros do Exe, Teign e Dart, o Esteiro de Kingsbridge, e Plymouth Sound en Devon, e os esteiros do río Fowey e do río Fal en Cornualla.
Outras Ría de Huelva O litoral atlántico norteamericano, entre Nova York e o cabo Hatteras tamén contén unha serie de rías. As Bocas de Kotor (Boka Kotorska), en Kotor, no Montenegro. Estas penetran uns 30 km no interior continental, ben protexidas do mar aberto, e constitúen o meirande porto natural do mar Adriático.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Galería de mapas das rías de Galicia Ferdinand von Richthofen
Categoría:Rías