Maria Salomea Skłodowska-Curie (), máis coñecida como Marie Curie, nada en Varsovia o 7 de novembro de 1867 e finada en Passy (Francia) o 4 de xullo de 1934, foi unha física e química polonesa nacionalizada francesa. Pioneira no campo da radioactividade, foi a primeira muller en recibir un premio Nobel, a primeira persoa e a única muller en recibir dous premios Nobel, sendo ata o momento a única persoa en recibir o premio Nobel en distintas categorías científicas. Foi parte do legado da familia Curie de cinco premios Nobel (dous, ela; un, o seu marido Pierre Curie; un, a súa filla Irène Joliot-Curie; e outro, o seu xenro Frédéric Joliot-Curie). Así mesmo foi a primeira muller condecorada (xunto co seu home) coa Medalla Davy en 1903 polos seus traballos sobre o radio.
Ela tamén foi a primeira muller en ser profesora na Universidade de París e en 1995 converteuse na primeira muller en ser sepultada por méritos propios no Panteón de París. En 2015 outras dúas mulleres tamén foron enterradas no camposanto por méritos propios.
Os seus logros inclúen o desenvolvemento da teoría da radioactividade (un termo que ela acuñou), as técnicas para illar isótopos radioactivos, e o descubrimento de dous elementos, o polonio e o radio. Baixo a súa dirección, leváronse a cabo os primeiros estudos no mundo no tratamento das neoplasias, utilizando isótopos radioactivos. Fundou os Institutos Curie en París e en Varsovia, que seguen sendo os principais centros de investigación médica na actualidade. Durante a primeira guerra mundial, estableceu os primeiros centros radiolóxicos para uso militar.
Xunto co seu marido Pierre Curie e Henri Becquerel, recibiu en 1903 o Premio Nobel de Física e en 1911 o de Química polos seus traballos sobre o Radio. Posiblemente sexa a científica máis coñecida da historia.
Marie Sklodowska Curie (ela sempre firmou cos dous apelidos)Véxase a súa sinatura, "M. Skłodowska Curie", na caixa de información.O Premio Nobel de Química de 1911 foille concedido a "Marie Sklodowska Curie". Véxase: :Ficheiro:Marie Skłodowska-Curie's Nobel Prize in Chemistry 1911.jpg. foi nacionalizada francesa e foi unha cidadá activamente leal ao seu novo país, pero nunca perdeu o seu sentido de identidade polaco: ensinou ás súas fillas a súa lingua materna e levábaas nas súas visitas a Polonia. O primeiro elemento químico que ela descubriu, en 1898, chamouno polonio como homenaxe ao seu país de orixe.K. Kabzinska. "Chemical and Polish Aspects of Polonium and Radium Discovery".Przemysł chemiczny K tal Mark (The Chemical Industry), 77: 104–7, 1998.
Traxectoria Familia e primeiros anos miniatura|esquerda|170px|Casa onde naceu Marie Sklodowska, en ulica Freta (en galego rúa Freta), no barrio da Cidade Nova de Varsovia. miniatura|Władysław Skłodowski coas súas fillas (de esquerda a dereita) Marie, Bronisława e Helena. Marie Skłodowska naceu o 7 de novembro de 1867 en Varsovia (capital do Reino de Polonia). Era a quinta filla do matrimonio formado por Władysław Skłodowski, profesor de ensinos medios en física e matemáticas do mesmo xeito que o seu avó, e de Bronisława Boguska, quen foi mestra, pianista e cantante.
Marie era a menor de cinco fillos: Zofia (1862), Józef (1863), Bronisława (1865), Helena (1866) e finalmente ela, Marie (1867).
Os seus primeiros anos estiveron marcados pola penosa morte da súa irmá Zofia como consecuencia do tifo e, dous anos máis tarde, a da súa nai por mor dunha tuberculose. Eses eventos fixeron que Marie perdese a fe na relixión católica e se volvese agnóstica. "Inusualmente a tan pronta idade, ela convértese naquilo para o que T. H. Huxley inventara xustamente o termo: agnóstica."
Cando tiña dez anos, Marie empezou a ir á escola onde a súa nai traballara cando aínda se atopaba ben. Entre os seus intereses destacaba a paixón pola lectura (Marie mostrou a súa afección pola lectura aos catro anos, idade á que xa lía perfectamente), especialmente sobre historia natural e física. Posteriormente asistiu a un gymnasium ou instituto de secundaria feminino, onde se graduou o 12 de xuño de 1883 . Pasou o ano seguinte no campo con parentes do seu pai, e logo, xunto co seu pai, viviu en Varsovia, onde recibiron algunhas clases particulares. Na Secundaria foi sempre a primeira alumna da súa clase, e destacou por influír nas súas compañeiras o entusiasmo polo traballo. Polaco, ruso, alemán e francés eran algunhas das linguas que Marie dominaba. Naquel tempo, a maior parte de Polonia estaba ocupada por Rusia que, tras varias revoltas nacionalistas sufocadas de xeito violento, impuxera a súa lingua e os seus costumes. Xunto coa súa irmá Helena, Marie asistía a clases clandestinas ofrecidas nun pensionado nas que se ensinaba a cultura polaca.Wojciech A. Wierzewski, "Mazowiecki korzenie Marii" ( "Maria's MazowszeRoots"), p. 16.
Tanto polo lado paterno como polo materno, a familia perdera os seus bens e fortunas a través das implicacións patrióticas nos levantamentos patrióticos polacos. Este feito condenou a Marie, ás súas irmás e ó seu irmán a unha difícil loita para seguir adiante na vida.Wojciech A. Wierzewski. Mazowieckie korzenie Marii ("María's Mazowsze Roots") - 01.txt Gwiazda Polarna (A estrela polar), a Polish - American biweekly, núm. 13, 21 de xuño de 2008, páx. 16-17.
O pacto con Bronisława
Marie chegou a un acordo coa súa irmá Bronisława, que consistía en que Marie lle daría axuda económica durante os estudos médicos de Bronisława en París, a cambio dunha axuda similar pero á inversa, dous anos despois.Marie Curie. Autobiography. Por este motivo, púxose a traballar como institutriz. En primeiro lugar coa familia dun avogado en Cracovia; despois, durante dous anos en Ciechanów cunha familia dun terratenente, os Zorawski, parentes do seu pai. Mentres traballaba para a familia deste, ela namorouse do seu fillo, Kazimierz Zorawski (un futuro eminente matemático polaco), que este correspondeu. Os seus pais, con todo, rexeitaron a idea de que o seu fillo casase cunha parente pobre, e Kazimierz foi incapaz de opoñerse a eles. Deste xeito Marie perdeu o seu emprego de institutriz.Susan Quinn. Marie Curie: A Life. Atopou outro traballo coa familia Fuchs, en Sopot, na costa do mar Báltico, onde pasou o ano seguinte á vez que axudaba economicamente á súa irmá.
miniatura|220px|O Muzeum Przemysłu e Rolnictwa, na avenida Krakowskie Przedmiescie núm. 66, cerca do casco antigo de Varsovia. Foi no laboratorio deste edificio no que Marie fixo o seu primeiro traballo científico, en 1890-1891. A principios de 1890, Bronisława, que uns meses antes casara con Kazimierz Dluski, invitou a Marie a unirse a eles en París. Marie negouse porque non podía pagar a matrícula da universidade e, ademais, seguía esperando poder casar con Kazimierz Zorawski. Volveu a casa do seu pai, con quen permaneceu ata o outono de 1891, tutorizando e estudando na clandestina Uniwersytet Latający (Universidade Flotante), e comezou a súa formación na práctica científica nun laboratorio do Museo da Industria e Agricultura (Muzeum Przemysłu e Rolnictwa) dirixido polo seu primo Józef Boguski, que estivera axudando ao gran químico ruso Dmitri Mendeleiev, en San Petersburgo.Outro dos profesores de Marie no Museo, Napoleon Milic, fora alumno de Robert Bunsen. Véxase
En outubro de 1891, ante a insistencia da súa irmá e logo de recibir unha carta de Zorawski na que lle notificaba que rompía definitivamente a relación con ela, decidiu irse a Francia.Eve Curie. Marie Curie. A ruptura de Marie con Zorawski foi dolorosa para ambos. Zorawski, pronto obtivo o doutoramento e desenvolveu unha carreira académica como matemático moi brillante, converténdose primeiro en profesor e posteriormente no reitor da Universidade de Cracovia e presidente da Sociedade de Aprendizaxe de Varsovia. Máis tarde, xa de vello, cando era profesor de matemáticas na Politechnika Warszawska (Universidade Politécnica de Varsovia), sentábase de xeito contemplativo ante a estatua de Marie Sklodowska. Marie, unha vez en París, atopou temporalmente refuxio na casa da súa irmá e do seu cuñado antes de alugar uns vellos faiados; alí continuou cos seus estudos de física, química e matemáticas na Sorbona, a grande universidade de París.
Primeiros anos en Francia miniatura|Maria Skłodowska coñecida por Marie Curie En 1891 trasladouse a París para continuar os seus estudos inscribíndose na Facultade de Ciencias Matemáticas e Naturais da Universidade da Sorbona. A partir dese momento, Marie pasou a chamarse Marie Sklodowska. Malia ter unha sólida base cultural adquirida de forma autodidacta, Marie tivo que esforzarse para mellorar os seus coñecementos de francés, matemáticas e física, para estar ao nivel dos seus compañeiros. Estudaba durante o día, e facía tutorías pola noite, gañando só o suficiente para vivir
En 1893 consegue a licenciatura de Física e obtén o primeiro posto da súa promoción; pouco despois comezou a traballar nun laboratorio industrial de Lippman. Mentres tanto, continuou estudando na Sorbona, e en 1894 tamén se licencia en Matemáticas, onde é a segunda da súa promoción. Para financiarse os seus estudos de matemáticas, Marie aceptou unha bolsa da Fundación Alexandrowitch, que lle foi outorgada grazas a unha coñecida chamada Jadwiga Dydyńska. O diñeiro da bolsa (600 rublos) foi restituído por Marie máis tarde. En 1894 tamén coñece ao que sería o seu marido, Pierre Curie, que era profesor de física. Marie iniciara a carreira científica en París investigando as propiedades magnéticas de diversos aceiros, e foi o interese mutuo que tiñan Marie e Pierre polo magnetismo o que contribuíu a achegalos.L. Pearce Williams. "Curie, Pierre and Marie," Encyclopedia Americana, vol. 8, p. 331. A súa partida o verán seguinte cara a Varsovia só fortaleceu os seus sentimentos mutuos. Marie aínda tiña a esperanza de que podería volver a Polonia e traballar no seu campo de estudo. Non obstante, cando se lle negou un posto na Universidade de Cracovia simplemente porque era unha muller volveu a París. Os dous empezan a traballar xuntos nos laboratorios e ao ano seguinte (1895) Pierre declárase a Marie, casando o 26 de xullo, nunha voda sinxela na que lles regalaron algo de diñeiro. Con este diñeiro compráronse dúas bicicletas e pasaron todo o verán viaxando, con elas, por Francia, hospedándose en fondas e comendo pouco. Posteriormente, os dous físicos apenas saían do seu laboratorio, animados nas súas buscas. As únicas afeccións, compartidas, eran dar longos paseos en bicicleta e as viaxes ao estranxeiro, que os uniron aínda máis. Marie encontrara un novo amor, un socio e colaborador científico do que podería aprender. En 1895, descubriron os raios X e en 1896 descubriron a radioactividade natural. Marie foi animada por Pierre para que realizase a súa tese doutoral baseándose neste último descubrimento.
O seu matrimonio duraría, ata a tráxica morte de Pierre nun accidente a mañá do 19 de abril de 1906, ao ser atropelado por un coche de cabalos nunha rúa de París cando se dirixía ao seu laboratorio, un total de once anos.
O doutoramento Tras unha dobre titulación, o seguinte reto era a obtención do doutoramento. Ata ese momento, a única muller que lograra doutorarse era a alemá Elsa Neumann.
O primeiro paso era a elección do tema da súa tese. Tras analizalo co seu marido, ambos decidiron centrarse nos traballos do físico Henri Becquerel, que descubrira que os sales de uranio transmitían uns raios de natureza descoñecida. Este traballo estaba relacionado co recente descubrimento dos raios X por parte do físico Wilhelm Röntgen. Marie Curie interesouse por estes traballos e, coa axuda do seu esposo, decidiu investigar a natureza das radiacións que producían os sales de uranio. Marie fai a súa tese de doutoramento sobre este último descubrimento.