Ube (宇部市, うべし, Ube-shi) é un concello da prefectura de Yamaguchi no Xapón. Está situado na parte suroeste da prefectura, na zona da provincia histórica de Nagato e da rexión de Chūgoku, no extremo oeste da illa de Honshū. Ten 287,71 km² de superficie, unha poboación de 174.969 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 608 h/km². É a terceira cidade máis poboada na prefectura de Yamaguchi.
O concello de Ube limita cos concellos de San'yōonoda, Mine e Yamaguchi.
O Aeroporto de Yamaguchi-Ube está en Ube.
Cidades irmandadas Newcastle, Nova Gales do Sur, Australia (1980).
Personaxes de sona Naoto Kan (菅 直人, かん なおと, 1946 - ) - Político, 94º primeiro ministro do Xapón Tadashi Yanai (柳井 正, やない ただし, 1949 - ) - Empresario, fundador e presidente de UNIQLO Hideaki Anno (庵野秀明, あんの ひであき, 1960 - ) - Director de Anime
Véxase tamén Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Ube .
Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Prefectura de Yamaguchi Categoría:Rexión de San'yō