Kitakyushu (北九州市, きたきゅうしゅうし; Kitakyushu-shi) é un concello da prefectura de Fukuoka no Xapón. Está situado ó norte da rexión de Kyūshū e da prefectura, na illa de Kyūshū. Ten 487,88 km² de superficie, unha poboación de 984.713 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 2.020 hab./km².

O concello de Kitakyushu limita pola terra cos concellos de Ashiya, Mizumaki, Nakama, Kurate, Nōgata, Fukuchi, Kawara, Miyako, Yukuhashi e Kanda (da prefectura de Fukuoka); e por mar co concello de Shimonoseki (prefectura de Yamaguchi).

Historia A cidade de Kitakyushu foi fundada pola fusión de 5 concellos de cidades (Kokura, Moji, Tobata, Wakamatsu e Yahata) no ano 1963.

División administrativa miniatura|esquerda|250px|7 barrios do concello de .

O concello de Kitakyushu divídese en 7 barrios (ku 区): Kokura-quita-ku (小倉北区, こくらきたく) Kokura-minami-ku (小倉南区, こくらみなみく) Molli-ku (門司区, もじく) Tobata-ku (戸畑区, とばたく) Iaghata-ghigaxi-ku (八幡東区, やはたひがしく) Iaghata-nixi-ku (八幡西区, やはたにしく) Wakamatsu-ku (若松区, わかまつく)

dereita|300px|miniatura

Trasporte Aeroporto Aeroporto de Kitakyushu (北九州空港) - Aeroporto localizado nunha illa artificial en Suōnada do Mar interior de Seto.

Ferrocarís West Japan Railway Company (JR西日本) San'yō Shinkansen (山陽新幹線) - Estación de Kokura Kyushu Railway Company (JR九州) Liña principal de Kagoshima (鹿児島本線) - A liña principal da parte oeste da rexión de Kyūshū Liña principal de Nippō (日豊本線) - A liña principal da parte leste da rexión de Kyūshū Liña de Hitahikosan (日田彦山線) Liña principal de Chikuhō (筑豊本線) Liña principal de San'yō (山陽本線) Kitakyushu Urban Monorail (北九州高速鉄道) Chikuho Electric Railroad (筑豊電気鉄道)

Turismo Casa antiga do escritor Ōgai Mori.

Universidades Universidade de Kitakyushu (北九州市立大学).

Cidades irmandadas Dalian Incheon Norfolk Tacoma

Véxase tamén Lista de concellos do Xapón Ligazóns externas Sitio oficial da cidade de Kitakyushu Sitio oficial da cidade de Kitakyushu

Categoría:Prefectura de Fukuoka Categoría:Concellos do Xapón