Shūnan (周南市, しゅうなんし, Shūnan-shi) é un concello xaponés da prefectura de Yamaguchi. Está situado na parte centro-leste da prefectura, na área da provincia histórica de Suō e ó suroeste da rexión de Chūgoku, ó extremo oeste da illa de Honshu. Ten 656,32 km² de superficie, unha poboación de 149.739 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 228 hab./km².
Shūnan limita cos concellos de Hōfu, Yamaguchi, Kudamatsu, Hikari e Iwakuni. É a cidade máis importante na parte leste da prefectura de Yamaguchi.
Historia O concello de Shūnan naceu o 21 de abril de 2003 pola fusión dos concellos da cidade de Tokuyama e de Shinnan'yō e mais da vila de Kano, do distrito de Tsuno, e de Kumage, do distrito de Kumage.
Economía Na zona costeira fórmase a zona industrial de Shūnan coas cidades veciñas de Kudamatsu-shi e Hikari-shi.
Cidades irmandadas Delfzijl (1990, Shinnan'yō). Townsville (1990, Tokuyama). São Bernardo do Campo (1973, Tokuyama).
Véxase tamén Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Shūnan .
Shunan Shunan Shunan