Eladio Osorio Castro, nado nos Ruídos (Mazaira, O Castro de Caldelas) o 2 de decembro de 1943 e finado o 8 de xaneiro de 2025 en Parada de Sil, foi un político galego ligado ao PSdeG-PSOE que foi alcalde do Castro de Caldelas durante case tres décadas.
Traxectoria Concelleiro desde 1979, primeiro como membro da Agrupación de Electores AEICC, foi elixido como concelleiro co PSdeG-PSOE no Castro de Caldelas en 1983. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía do Castro de Caldelas e foi elixido alcalde con maioría absoluta.
Continuou como alcalde tras revalidar a maioría absoluta nas eleccións de 1991 e 1995. En novembro de 1996 perdeu a alcaldía tras presenta-lo PPdeG unha moción de censura co apoio dun tránsfuga socialista."Triunfa una moción de censura contra el PSOE en Castro Caldelas" 19/11/2016. La Voz de Galicia . En 1999 recuperaría a alcaldía tras lograr unha axustada maioría absoluta por tan só 19 votos de vantaxe. Revalidaría a alcaldía nos comicios de 2003 cunha ampla maioría absoluta de 7 concelleiros de 9. En 2007 e 2011 foi novamente reelixido por maioría absoluta, con 6 e 5 concelleiros respectivamente. Durante os seus mandatos creáronse varias escolas-obradoiro do Castro de Caldelas, construíuse o centro de saúde, pavillón polideportivo, residencia de maiores e restaurouse o castelo da localidade. Tamén se arranxou todo o casco vello e este acadou o recoñecemento como B.I.C. en 1988 (categoría conxunto histórico).
En novembro de 2014 dimitiu e foi substituído pola súa compañeira Sara Inés Vega.
Vida persoal Casou con Encarnación Montenegro Figueiras, coa que enviuvou dous anos antes do seu falecemento, no 2025. Tivo catro fillos chamados Eladio, Encarna, Juan Luis e Jose Osorio Montenegro. Tamén tivo tres netos: Maia Osorio Rodríguez (2012), Xoel Osorio Rodríguez (2014) e Jara Osorio Rodríguez (2014).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais no Castro de Caldelas
Ligazóns externas Francisco José Sarria (20/11/1996). "El PP consigue la alcaldía de un pueblo de Orense con el voto de un tránsfuga" El País .
Categoría:Alcaldes do Castro de Caldelas Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados no Castro de Caldelas Categoría:Nados en 1943 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 2025