Cristina Rota, nada en La Plata en 1945, é unha actriz, produtora e profesora de arte dramática arxentina.
Traxectoria Ten ascendencia española, o seu avó era navarro e a súa avoa canaria. Chegou a España en 1978, tras a desaparición do seu marido Diego Fernando o 21 de marzo de 1976 , durante a campaña de terror da última ditadura cívico-militar arxentina, pasando a engrosar a lista dos 30.000 desaparecidos.
É nai de Nur Al Levi e de Juan Diego e María Botto, fillos do tamén actor Diego Botto. Foi profesora no seu centro de actores como Malena e Ernesto Alterio, Guillermo Toledo, Alberto San Juan, Nathalie Poza, Andrés Lima, Luis Bermejo, Penélope Cruz, Fernando Tejero ou Roberto Álamo.
Filmografía Colores, 2003. Party Line, 1994. En penumbra, 1987. Virtudes Bastián, 1986. La reina del mate, 1985.
Como produtora Los abajo firmantes, 2003.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Cristina Rota en IMDb Escuela de Cristina Rota
Categoría:Actores da Arxentina Categoría:Nados en La Plata Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes Categoría:Nados en 1945