Astrid Anna Emilia Ericsson, máis coñecida coma Astrid Lindgren, nada o 14 de novembro de 1907 nunha granxa de Näs en Småland e finada o 28 de xaneiro de 2002, foi unha autora sueca de literatura infantil, que ten libros traducidos a 85 linguas en máis de 100 países.

Obra A súa obra comprende máis de 60 libros pioneiros na defensa dos dereitos da infancia, das mulleres, dos animais e na defensa da non-violencia e da natureza. É especialmente coñecida pola saga de Pippi Mediaslongas que escribiu na convalecencia da súa filla Karin. Pippi Mediaslongas deuse ao prelo por primeira vez en 1945.

Recoñecemento Foi galardoada co Premio Hans Christian Andersen, co Premio Nacional de Literatura de Suecia, coa Medalla de Ouro da Academia Sueca, co Premio da Paz dos libreiros alemáns e co Premio Internacional do Libro da Unesco.

Leva o seu nome o Premio Memorial Astrid Lindgren, premio instaurado en 2003 e considerado o máis importante da literatura infantil e xuvenil.

A súa vida está recollida na película Unga Astrid (Coñecendo a Astrid) da directora danesa Pernille Fischer Christensen.

Obra traducida ao galego Pippi Mediaslongas (Pippi Långstrump), Kalandraka (2017). Trad. David A. Álvarez Martínez. Ilustracións de Ingrid Vang Nyman. Pippi Mediaslongas embarca (Pippi Långstrump går ombord), Kalandraka (2018). Trad. David A. Álvarez Martínez. Ilustracións de Ingrid Vang Nyman. Pippi Mediaslongas nos Mares do Sur (Pippi Långstrump i Söderhavet), Kalandraka (2019). Trad. David A. Álvarez Martínez. Ilustracións de Ingrid Vang Nyman. Os irmáns Corazón de León, (Bröderna Lejonhjärta) Edición Xerais (2003). Trad. Liliana Valado e Marta Dahlgren. Ilustrado por María Lires.Ficha da obra na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Os nenos de Bullerbyn (Alla vi barn i Bullerbyn), Sushi Books (2014). Trad. Moisés Barcia (a partir dunha lingua ponte). O superdetective Blomkvist (Mästerdetektiven Blomkvist), Sushi Books, (2023). Trad. Marta Dahlgren. Ronia, a filla do bandoleiro (Ronja Rövardotter), Sushi Books, (2023). Trad. David A. Álvarez Martínez. Lotta (Barnen på Bråkmakargatan / Lotta på Bråkmakargatan), Kalandraka, (2023). Trad. David A. Álvarez Martínez As aventuras de Emil (Emil i Lönneberga), Kalandraka, (2024). Trad. David A. Álvarez Martínez

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web

Categoría:Escritores de Suecia Categoría:Escritores en lingua sueca Categoría:Nados en 1907 Categoría:Nados no condado de Kalmar Categoría:Finados en 2002 Categoría:Literatura infantil