Michel Eugéne Chevreul, nado en Angers o 31 de agosto de 1786 e finado en París o 9 de abril de 1889, foi un químico francés.
Traxectoria Foi profesor de Química Orgánica e director de tintotería na manufactura dos Gobelinos. Máis tarde (1864) director do Museo de Historia Natural de París. Investigou sobre os corpos graxos de orixe animal e elaborou unha teoría a saponificación. As súas investigacións sobre a composición das graxas aplicounas na fabricación de buxías e xabróns. Foi tamén o descubridor dos ácidos esteárico e oléico. Entre as súas obras deben destacarse "Leçons de Chimie appliquée à la teinture" e "Des couleurs et de leurs applications aux arts industriels".
Pero sobre todo é máis coñecido polas súas teorías sobre as cores nas que se inspiraron os pintores impresionistas. Enunciou a lei do contraste simultáneo das cores, máis tarde explorada polos propios impresionistas e postimpresionistas e desenvolvida por artistas como Josef Albers.
Gañou a Medalla Copley en 1857.
Morreu en París en 1889 con 102 anos de idade.
Véxase tamén
Círculo cromático Teoría da cor J. W. von Goethe Isaac Newton Impresionismo Josef Albers Johannes Ittens Bauhaus Wassily Kandinsky
Categoría:Químicos de Francia Categoría:Nados en Angers Categoría:Nados en 1786 Categoría:Finados en 1889 Categoría:Medalla Copley