Cándido Lorenzo González, nado en Laroá, (Xinzo de Limia) o 23 de setembro de 1925 e finado no Brasil o 17 de decembro de 2019, foi un bispo católico e frade mercedario galego.

Traxectoria Despois de estudar a primaria en Xinzo e a secundaria en Sarria, fixo estudos de teoloxía no mosteiro de Poio onde ingresou na Orde da Mercé e onde se ordenou como crego católico en 1954. En 1960 trasládase como sacerdote ao Brasil, e en 1969 é nomeado prelado de São Raimundo Nonato, en Piauí, ata que o 3 de outubro de 1981 convértese no bispo titular desa mesma prelatura, agora xa convertida en diocese, cargo no que permaneceu ata que se xubilou en 2002.

Recoñecementos Foi nomeado fillo predilecto de Laroá en 1995.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Misioneiro

Categoría:Bispos católicos de Galicia Categoría:Galegos do Brasil Categoría:Nados en Xinzo de Limia Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Bispos católicos do Brasil Categoría:Mercedarios de España Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes