Santiago Agrelo Martínez, nado o 20 de xuño de 1942 en Asados (Rianxo), é un frade franciscano galego, arcebispo católico de Tánxer entre 2007 e 2019.
Traxectoria Entrou no seminario franciscano de Herbón en 1953, con once anos, e estivo nel ata 1958. Ao ano seguinte fixo o noviciado no convento de San Francisco do Val de Deus e en 1963 fixo aló a profesión solemne da Orde dos Freires Menores. Estudou teoloxía e filosofía en Ponteareas e na Universidade Pontificia de Salamanca. O 13 de agosto de 1966 foi ordenado sacerdote en Salamanca.
Foi profesor de liturxia no Antonianum en Roma, e posteriormente no Instituto Teolóxico de Santiago de Compostela. Ademais, ocupou diversos cargos e postos dentro da orde franciscana en Galicia, pero tamén en Portugal, Santa Fe (Colombia). Despois de ocupar a titularidade de varias parroquias galegas rurais, o 11 de abril de 2007, o papa Bieito XVI nomeouno arcebispo metropolitano de Tánxer, en Marrocos, cargo que ocupou a partir do 17 de xuño.
Ao cumprir os 75 anos, conforme o Código de Dereito Canónico, presentou a súa renuncia, que foi aceptada polo papa Francisco o 24 de maio de 2019.
En setembro de 2022, o concello de Rianxo nomeouno fillo predilecto.
Véxase tamén Bibliografía
Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo. Ligazóns externas Entrevista en Galegos no mundo: "Tanxer"
Categoría:Nados en 1942 Categoría:Nados en Rianxo Categoría:Bispos católicos de Marrocos Categoría:Bispos católicos de Galicia Categoría:Franciscanos de España Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia de Salamanca Categoría:Profesores da Pontificia Universidade Antoniana