Anxo Adolfo Rei Ballesteros, nado en Ardesende (Codeso, Boqueixón) o 24 de xaneiro de 1952 e finado na Coruña o 29 de outubro de 2008, foi un escritor galego que cultivou a novela, o teatro, o ensaio e a tradución.
É irmán de Paulo Rei Ballesteros.
Traxectoria miniatura|Xornadas homenaxe a Anxo Rei Ballesteros. Outono de 2018. A Pobra do Caramiñal. Manuel Castelao e María Jesús Armada (viúva do homenaxeado) Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, a súa traxectoria literaria comezou nos anos mozos colaborando coa revista efémera Bonaval. A súa primeira novela Dos anxos e dos mortos foi publicada por Edicións Castrelos en 1977, e nese mesmo ano recibiu o Pedrón de Ouro polo seu relato "Querido Brais". Coa súa segunda novela Loaira acadou o Premio Antón Losada Diéguez en 1993.
Tamén autor de teatro, a súa obra Xogos de damas estreouse en 1987 polo grupo Malbarate, e en 1991 dirixiu a versión de A voz humana de Jean Cocteau. Preocupado pola filosofía, publicou ensaios en revistas e catálogos de artistas, e en 2003 apareceu o seu libro Tempo e vinganza sobre o Hamlet de William Shakespeare e o problema do tempo.
Durante os últimos anos da súa vida viviu na Pobra do Caramiñal.
En novembro de 2009 aparecu unha obra póstuma, a novela A noite do moucho, publicada por Galaxia."Nova vida literaria para Anxo Rei Ballesteros" Vieiros, 31/10/2009. Máis tarde apareceu entre os papeis do autor a que debeu ser a súa primeira obra en galego, a novela Dezanove badaladas, publicada tamén por Galaxia no outono de 2018. Ambientada na Galicia dos anos 1970, conta os cambios nunha sociedade na que o urbano vai gañando terreo ao rural.
Obras Narrativa Dezanove badaladas, (2018). Vigo: Galaxia. 188 páxs. Escrita entre1969-70, cando o autor tiña 19 anos. ISBN 978-84-9151-201-1. Dos anxos e dos mortos (1977). Vigo: Castrelos (reeditada en 1991 en Galaxia).Despois incluída na Biblioteca Galega 120 co número 55. Querido Brais. (1977). Concello da Pobra do Caramiñal. ISBN 978-84-606-1341-1. Loaira (1992). Galaxia. Loaira é, segundo o crítico Xoán González Millán "un dos proxectos novelísticos máis complexos e ambiciosos da historia da narrativa galega". Segundo Manuel Castelao Mexuto pode ser considerada a mellor novela galega do século XX. Loaira (2023). Santiago: Laiovento. 490 páxs. ISBN 978-84-8487-629-8. Libro electrónico: ISBN 978-84-8487-630-4. Esta edición de Manuel Castelao Mexuto "corrixe as numerosísimas grallas que tanto desluciron a primeira edición e suxire –en coherencia co espírito antiautoritario (contra o Autor coactivo) do Ballesteros– unha orde de lectura dos capítulos alternativa, a cal torna un texto tradicionalmente considerado difícil nunha novela fascinante, a mellor recreación artística do mundo estudantil de Santiago de Compostela nos inesquecíbeis anos do tardofranquismo e memoria viva das súas pulsións máis imperecedoiras, nomeadamente, a emancipadora esixencia de mudar a vida", en palabras da editora. A sombra dos teus soños (1998). Vigo: Galaxia. ISBN 9788482882130. Segundo a editorial: "Atopamos relatos sobre un mundo antigo, unha Galicia rural, impenetrable, misteriosa, nos que o autor acada unha expresividade case magoante. Pero tamén hai contos sobre o mundo moderno, que se desenvolven tanto en Galicia como fóra". Reeditada en 2011: 140 páxs.
Non sei cando nos veremos (2005). Vigo: Galaxia. 260 páxs. ISBN 978-84-8288-803-3.. Para o xornal da USC: "a obra ... preséntase agora baixo a forma dun relato novelesco no que a lingua oral e a narración directa, precisa e de trazado firme, se combinan coa crítica contundente da moral e as formas de vida da sociedade de hoxe". A noite do moucho. (2009). Vigo: Galaxia. 120 páxs. ISBN 978-84-9865-240-6.
Teatro Xogos de damas. (1988). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. 91 páxs. ISBN 978-8475073156.
Ensaio "A outra memoria", en Grial (1989).Grial n.º 104 pp. 494-505 Tempo e vinganza (2003). Vigo: Galaxia. Premio Ramón Piñeiro de Ensaio. 308 páxs. ISBN 978-84-8288-603-9. Segundo a editora: "Rei Ballesteros realiza unha serie de suxestivos achegamentos a temas tan fundamentais na nosa cultural coma o amor, a morte, a familia, a orixe e a comunidade." Presenza dunha Ausencia (Sobre Maurice Blanchot) (2013). Axóuxere. 140 páxs. ISBN 978-8494137914. Para a editorial: "Obra inédita, atopada entre os papeis do propio Anxo, manografada e nun estado non conclusivo, supón a derradeira reflexión ou divagación coa que contamos sobre as inquedanzas interiores que o escritor tiña no seu transcorrer como creador". A dificultade de falar. Artigos e ensaios (2021). Vigo: Galaxia. 394 páxs. ISBN 978-84-9151-585-2. Escritos entre 1979 e 2006
Traducións A voz humana, 1991, (La Voix humaine) de Jean Cocteau. Molloy, de Samuel Beckett, 2006, Galaxia.
Obras colectivas Poetas e Narradores nas súas voces. II, 2006, Consello da Cultura Galega.
Recoñecemento Gañador do Premio Literario Ánxel Fole no 2007 con Carlos Fernández Fernández, por Urda e mundo. Un ensaio sobre Rof Carballo. En 2018, na Pobra do Caramiñal, o Concello e Barbantia realizaron diversas actividades para honrar a súa figura. Entre elas, a inauguración dunha rúa co seu nome e dunha estatua feita por Manuel Teira. Tamén xurdiu a iniciativa de pedir o Día das Letras Galegas para Anxo Rei Ballesteros.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Literatura galega do século XX Ligazóns externas na Biblioteca Virtual Galega. Ficha na Editorial Galaxia Manuel Castelao fala de Rei Ballesteros 20pxEntrevista Anxo Rei Ballesteros
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Boqueixón Categoría:Nados en 1952 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Tradutores do francés
Categoría:Premio Ánxel Fole Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes