Justo Beramendi González, tamén chamado Xusto Beramendi, nado en Madrid o 16 de xullo de 1941 e finado en Santiago de Compostela o 3 de xullo de 2024, foi un historiador e escritor galego, presidente do padroado do Museo do Pobo Galego.
Traxectoria Realizou estudos de Enxeñaría Industrial en Madrid (1959-1967), de tradución en Barcelona (1969-1974) e de doutoramento en Historia na Universidade de Santiago de Compostela (1987), da que foi catedrático emérito de Historia Contemporánea e da que foi vicerreitor entre 1990 e 1994. Xubilouse no ano 2012.
Foi cofundador do Museo do Pobo Galego e presidente da súa xunta reitora. Foi membro fundador da Fundación Castelao e director da sección de pensamento político da Fundación Vicente Risco. Participou na creación das revistas Negaciones (Madrid, 1977), A Trabe de Ouro (Santiago, 1990) e Tempos Novos (Santiago, 1997).
Especializado na historia das ideoloxías e dos nacionalismos, foi editor das obras de Losada Diéguez, Ramón Villar Ponte, Peña Novo, Castelao e Vicente Risco. Organizou e coeditou as actas dos congresos Nacionalismos y regionalismos en la España de la Restauración (1983), Castelao (1986), Los nacionalismos en la España de la Segunda República (1988), Nationalisms in Europe. Past and Present (1993) e Memoria e Indentidade (2004).
No ano 2017 recibiu a Medalla Castelao.
Obra en galego Ensaio Vicente Risco no nacionalismo galego, 1981, Edicións do Cerne. A vida e a obra de Ramón Villar Ponte, 1991, Ediciós do Castro. Manuel Murguía, 1998, Xunta de Galicia. Alfredo Brañas no rexionalismo galego, 1998, Fundación Alfredo Brañas. A Autonomía de Galicia, 2005, Museo do Pobo Galego. A revolución de 1846, 2006, Concello de Santiago. De provincia a nación: Historia do galeguismo político, 2007, Xerais. A transición en Galicia, 2007. A Galicia Autónoma. Os primeiros pasos da autonomía, 2008.
Obras colectivas Actas do Congreso Castelao, 1989, Universidade de Santiago de Compostela. Editor, con Ramón Villares. Galicia e a Historiografía, 1993, Tórculo. O nacionalismo galego, 1995, A Nosa Terra. Con Xosé Manuel Núñez Seixas. Nationalism in Europe. Past and present, 1995, Universidade de Santiago de Compostela. Memoria e identidades, 2004, Universidade de Santiago de Compostela. A gran historia de Galicia, La Voz de Galicia, 2007. Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora. O nacionalismo galego nos seus programas políticos. O século XX, 2009, Fundación Galiza Sempre. 15-M: O pobo indignado, 2011, Laiovento. Á beira de Beiras. Homenaxe nacional, 2011, Galaxia. A ollada exterior do nacionalismo galego, 2011, Fundación Galiza Sempre. Perspectivas sobre Bóveda: Ensaios e poemas polo seu 75º cabodano, 2011, A. C. Alexandre Bóveda. Tempos chegados? Sobre o futuro político de Galiza, 2015, Galaxia. As Irmandades da Fala (1916-1931), 2016, Laiovento. Arredor das Irmandades da Fala, 2016, Xerais.
Edicións Galicia, de Manuel Murguía, 1982, Xerais. Obra completa, de Antón Losada Diéguez, 1985, Xerais. Obra completa, de Lois Peña Novo, 1995, Universidade de Santiago de Compostela. Teoría do nacionalismo galego, de Vicente Risco, 2000, Sotelo Blanco.
Obra en castelán miniatura|Beramendi nun acto de homenaxe a Antón Fraguas en 2019. Ensaio El nacionalismo gallego, 1997, Arco Libros. La historia política: algunos conceptos básicos, 1999, Tórculo. Historia mínima de Galicia, 2016, Turner, ISBN 978-84-16354-07-8.
Obras colectivas Miseria de la Economía, 1974, Península. Con Eduardo Fioravanti. . La España de los nacionalismos y las autonomías, 2001, Síntesis. Con J. L. Granja e P. Anguera. "De la dictadura a la democracia (1936-2000)" en Historia de la ciudad de Santiago de Compostela. USC.
Premios Premio Irmandade do Libro 2008: Obra Editorial 2007Os libreiros premian a Luís Rei Núñez, Justo Beramendi e Xosé María Álvarez Cáccamo.. Pedrón de Ouro no 2008. Premio da AELG, na categoría de ensaio (2008), por De provincia a nación: Historia do galeguismo político. Premio da Crítica de Galicia, na categoría de ensaio (2008), por De provincia a nación: Historia do galeguismo político. Premio Nacional de Ensayo, concedido polo Ministerio de Cultura (2008)Justo Beramendi González, Premio Nacional de Ensayo 2008 .. Premio Galiza Mártir da Fundación Alexandre Bóveda no 2009. Medalla Castelao en 2017."Justo Beramendi, Cristina Pato y Xosé Ramón Gayoso, medallas Castelao", en La Voz de Galicia 9.06.2017. A título póstumo, Premio Arraianos 2024.
Vida persoal dereita|miniatura|Necrolóxicas en La Voz de Galicia. Casou con Carmen Álvarez Arcos e foi pai de Pablo e Mario Beramendi Álvarez.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha do autor en Xerais
Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Pedrón de Ouro Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1941 Categoría:Premio Nacional de Ensaio de España Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Medallas Castelao Categoría:Finados en 2024