Forgas é un lugar da parroquia de Ferreiros, no concello da Pobra do Brollón. En 2008 tiña once habitantes (cinco homes e seis mulleres).
Xeografía A parte baixa da aldea está a 580 metros de altitude, pero unha pequena parte chega ós 600 m, Forgas de Arriba. Está situada na cara leste do concello, en plena Serra do Courel.
Está situada en medio da montaña, ao lado do río Forgas ou Saa. A Forgas accédese unicamente por unha estrada de montaña asfaltada que sobe dende A Pousa e que leva á Pobra do Brollón, aínda que tamén sobe unha corredoira dende Ferreiros. A Forgas de Arriba accédese unicamente por un carreiro dende Forgas.
Festividades Cada 27 de agosto celébrase a romaría do San Vitoiro.
Lugares e parroquias
Lugares de Ferreiros
Parroquias da Pobra do Brollón
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Forgas en aldeasgallegas.com
Categoría:Lugares da Pobra do Brollón