O Dhaulagiri cunha altura de 8167 m é a sétima montaña máis elevada da Terra e a cima máis alta situada por enteiro nun único país.

Nome O nome é unha contracción do sánscrito Dhavali giri, que significa "montaña branca".

Situación O Dhaulagiri está situado no centro-norte do Nepal, relativamente preto da fronteira do Tíbet. Forma parte da cadea do Himalaia, a uns 35 km de distancia ao leste do pico do Annapurna, do que o separa o val de Kali Gandaki.

Confusións sobre a altura Foi descuberto para a cartografía en 1808 e ao longo de arredor de 30 anos despois foi considerado como o teito do mundo, até o descubrimento do Kanchenjunga, que pasou a ocupar o lugar, tamén erradamente, por uns anos.

Conformación O Daulaghiri é un macizo composto de dez picos que superan os 7.000 m:

Dhaulagiri I 8.167 m Dhaulagiri II 7.751 m Dhaulagiri III 7.715 m Dhaulagiri IV 7.661 m Dhaulagiri V 7.618 m Churen Himal (Central) 7.385 m Churen Himal (Leste) 7.371 m Churen Himal (Oeste) 7.371 m Dhaulagiri VI 7.268 m Putha Hiunchuli 7.246 m Gurja Himal 7.193 m

Primeiro ascenso A cima foi conquistada polo ser humano o 13 de maio de 1960, por unha expedición conxunta helvético - austriaca, conducida por Max Eiselin, ao que acompañaban Kurt Diemberger, Peter Diener, Ernst Forrer, Albin Schelbert, Nyima Dorji e Nawang Dorji. Foi a primeira expedición ao Himalaia que contou con apoio aéreo, cun avión, un Pilatus PC-6, que por desgraza se estrelou contra a montaña, onde o aparello ficou abandonado.

Outras ascensións En 1979 tivo lugar a primeira escalada española á cima: o catalán Jordi Pons e os vascos Iñaki Aldaya, Javier Garayoa e Gerardo Plaza.

Categoría:Xeografía do Nepal Categoría:Montañas de Asia Categoría:Himalaia