Emílio Garrastazu Médici, nado en Bagé o 4 de decembro de 1905 e finado no Río de Xaneiro o 9 de outubro de 1985, foi un militar brasileiro, presidente do Brasil entre 1969 e 1974.
Traxectoria Durante o seu goberno intensificouse a represión contra os opositores do réxime militar, mentres o goberno pasou a usar, pola primeira vez, intensas campañas publicitarias na televisión exaltando o país e o seu crecemento.
Unha conxuntura externa favorábel, coa dispoñibilidade de diñeiro para empréstitos, posibilitou a expansión de grandes obras, como a estrada Transamazónica e a Ponte Río-Niterói. Ademais, a conquista polo Brasil do trofeo Jules Rimet durante o Mundial de Fútbol Brasil 1970 tamén foi usada polo réxime como propaganda. No goberno Médici xurdiu a frase de propaganda Brasil, Ameo ou deixeo ("deixar" o país tiña un sentido literal de ir embora*, mentres "amar" significaba non opoñerse ó réxime militar).
Ao deixar a presidencia, abandonou a vida política, pero manifestouse de forma contraria á amnistía declarada en 1979 polo presidente João Baptista Figueiredo (que fora xefe da Casa Militar durante o seu goberno).
Categoría:Presidentes do Brasil Categoría:Militares do Brasil Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1985 Categoría:Nados no estado do Río Grande do Sur Categoría:Brasileiros de ascendencia italiana Categoría:Brasileiros de ascendencia vasca Categoría:Brasileiros de ascendencia uruguaia Categoría:Brasileiros de ascendencia española