A illa Kolgüev (en , transliteración: kol-gu-ev, nótese a diérese no nome) é unha illa no Okrug Autónomo de Nenets, Rusia, localizada no sueste do Mar de Barents, ó leste do Mar de Pechora, e cara ó nordés da Península de Kanin.GoogleEarth - Location A illa é aproximadamente circular e ten un diámetro de 80 km e uns 4.968 km² de superficie. O punto máis alto da illa ten 50 m75m segundo a páxina rusa de altura. A maioría da superficie consiste en varios pantanos e outeiros feitos de morena cubertos da vexetación característica da tundra.

Hai un só punto habitado na illa, Bugrino, na costa do sueste con 200 habitantes. Os Nenets forman a maioría da poboación, sendo a as súas actividades principais a pesca, as granxas de renos e como cazadores trampeiros. Tamén hai petróleo e gas.

Informe de Trevor-Battye

A illa foi explorada no ano 1894 polo naturista Británico Aubyn B.R. Trevor-Battye. Desembarcou en xuño cun axudante, coa intención de quedar sobre un mes estudando a vida salvaxe da illa, especialmente os paxaros. Debido a problemas mecánicos co barco e a un malentendido, foron deixados na illa unhas 12 semanas. Publicou o seu estudo da historia natural e topografía de Koguev co título: "Ice-bound on Kolguev" (Atrapado polo xeo en Kolguev). (Trevor-Battye 1895). O libro inclúe observacións sobre o pobo dos Nenets (os cales el chamou Samoiedos) que levaban os seus renos á illa para pastar durante o verán e para cazar gansos e comerciar con eles na Rusia.Trevor-Battye, Aubyn. (1895). Ice-bound on Kolguev, Constable, London, 1895. Parece ser que Trevor-Battye deixou a illa con estes pastores de renos en setembro de 1894, e viaxou unhas 1.000 millas por terra dende o Río Pechora ata Arkangel. Describiu esta aventura no libro: "A northern highway of the Tsar" (Trevor-Battye 1898)Trevor-Battye, Aubyn. (1898). A Northern Highway of The Tsar, Constable, London, 1898. (Unha autoestrada do norte do Tsar).

Galería miniatura|260px|Illa Kolguyev. Paisaxe costeira.miniatura|300px|Un rabaño de renos na illa de Kolguyev en 1895. O subtítulo di: "Entramos hoxe nunha nova fase da vida do reno. Por primeira vez apareceu a mosca (Hypoderma tarandi) coñecida polos Samoiedos como "Pi-liur", e polos rusos como "Orwot".

Notas

Véxase tamén Bibliografía Trevor-Battye, Aubyn. (1895). Ice-bound on Kolguev, Constable, Londres, 1895. Trevor-Battye, Aubyn. (1898). A Northern Highway of The Tsar, Constable, Londres, 1898.

Ligazóns externas O tempo en Kolguev

Categoría:Illas de Rusia Categoría:Arquipélagos