Basilio Losada Castro, nado na Pobra de San Xiao (Láncara) o 20 de xuño de 1930 e finado en Barcelona o 9 de xullo de 2022, foi un tradutor galego, crítico literario, catedrático de Filoloxía Románica na Universidade de Barcelona desde 1986 e catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa, e antes profesor noutros moitos centros universitarios.
Traxectoria
Primeiros anos e formación. Saíu de Galiza cando tiña 5 anos e pasou a vivir en Madrid, León e, a partir de 1939, Barcelona, onde chegou coa súa familia para visitar a seu pai que estaba, alí, hospitalizado. Malia que seu pai era anarquista, tivo que loitar durante a Guerra civil no bando nacional, foi ferido na cabeza e morreu en 1940. Dende ese momento, o resto da familia, e el, permaneceron en Barcelona e alí, Losada, desenvolveu a práctica totalidade da súa carreira profesional.
En Barcelona estudou Dereito e Filosofía e Letras e fixo o doutoramento en Historia.
Carreira profesional Fixo traducións ao castelán e ao galego, e foi autor de numerosos estudos críticos sobre a literatura galega, portuguesa e brasileira. Traduciu 150 libros en sete linguas, de autores como Jorge Amado, José Saramago, Rosalía de Castro, Rubem Fonseca ou Pere Gimferrer. Foi o introdutor da literatura brasileria e especialmente de Jorge Amado en España.
Xubilouse como catedrático no ano 2000, aínda que segue impartindo clases nos programas de diversas universidades norteamericanas na UB. Aos setenta anos publicou o seu primeiro traballo de ficción, a novela La peregrina (traducida ao italiano por Giuseppe Tavani), ambientada na Idade Media, período no que foi un grande experto. Recoñecementos
En 1991 recibiu o Premio Nacional de Tradución por Memorial do convento, de Saramago. Recibiu ademais a Creu de Sant Jordi, da Generalitat de Cataluña; a Comenda da Ordem do Infante Dom Henrique, que outorga o goberno portugués; a Ordem do Cruzeiro do Sul, do Brasil; e a Medalla Castelao (1989) e a Medalla de Galicia (2016) da Xunta de Galicia. En 2012 recibiu o Premio Otero Pedrayo.
En marzo de 2015 foi nomeado académico de honra pola Real Academia Galega"Basilio Losada, académico de honra" , RAG, 13 de marzo de 2015.. Nese mesmo ano obtivo o XIV Premio Ramón Piñeiro Facer País."Basilio Losada: premio Ramón Piñeiro e novo membro de honra da RAG" , Sermos Galiza, 2 de outubro de 2015. No 2018, recibiu o Premio Eduardo Lourenço do Centro de Estudios Ibéricos.
Obra en galego Ensaio O Camiño de Santiago, 1992, Ir Indo.
Narrativa Ero de Armenteira, 1993, Contos do Castromil.
Edicións Manuel María. Antología poética. Escolma poética, 1969. Col. Adonais. Rialp. Edición bilingüe galego-castelán.Imaxe da portada de Manuel María. Antología poética. Escolma poética. Poetas gallegos de postguerra, 1971, Ocnos. Edición bilingüe galego-castelán. Poetas gallegos contemporáneos, 1972, Seix Barral. Edición bilingüe galego-castelán.Imaxe da portada Houbo outra edición, especial, para a Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo. Poesía gallega de hoy, 1990, Visor, Madrid. Edición bilingüe galego-castelán.
Traducións (escolma) Un poema en dez anacos, de Jordi Domènech, 1974, Ediciós do Castro. Do catalán para o galego. Os dous caracois, de Jorge Zentner, 1982, Argos Vergara. O elefante cobarde, de Apuleio, 1982, Argos Vergara. Marta e Miguel, de Josep Vallverdú, 1982, Argos Vergara. O segredo da lagoa, de Gloria Cecilia Díaz, 1982, Argos Vergara. Lenda do Príncipe Cisne, de Francesc Boada i Moret, 1983, Argos Vergara. Llibre d'amiga, de Ramon Dachs, 1998, 7 i mig. Edición bilingüe catalán-galego.
Obras colectivas Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo. Fernando Pessoa. Centenario do seu nascimento, 1988, Ediciós do Castro. Galicia: nai e señora, 2002, Nigra. Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación, 2009, Fundación Manuel María. Do sentimento á conciencia de Galicia: correspondencia, 1961-1984, de Ramón Piñeiro e Basilio Losada, 2009, Galaxia. Ed. de Helena González e María Xesús Lama.
Homenaxes Profesor Basilio Losada: ensinar a pensar con liberdade e risco. Barcelona: Publicacions de la Universitat, 2000.
Obra en castelán Narrativa La peregrina, 1999, Grijalbo.
Ensaio Tesoro breve de las letras hispánicas: Literatura Gallega, 1974, Novelas y cuentos (Madrid).
Obras colectivas Estudios Escénicos, 1960, Deputación Provincial de Barcelona. Barreiro; Díaz-Fierros; Fabra et al., 1976, Los gallegos. Madrid. Istmo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas “Os únicos amigos que me quedan son os libros”, entrevista en Faro de Vigo, 13-3-2022.
Categoría:Lingüistas da lingua galega Categoría:Profesores da Universidade de Barcelona Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Medalla de Ouro de Galicia Categoría:Medalla de Prata de Galicia Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en Láncara Categoría:Nados en 1930 Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Premio Creu de Sant Jordi Categoría:Membros de honra da Real Academia Galega Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Tradutores do portugués Categoría:Finados en 2022 Categoría:Catedráticos da Universidade de Barcelona