Giuseppe Di Stefano, nado en Motta Sant'Anastasia (Sicilia) o 24 de xullo de 1921 e finado en Santa Maria Hoè o 3 de marzo de 2008, foi un tenor italiano.

Traxectoria Fillo único dun zapateiro e dunha modista, foi educado nun seminario Xesuíta e pensou ordenarse sacerdote. Desenvolveu a súa carreira desde finais da década de 1940 ata principios da década de 1970. En 1946 debutou operisticamente na cidade de Reggio Emilia interpretando o papel de Des Grieux na ópera Manon de Massenet, papel co que debutaría o ano seguinte na Scala.

O seu encontro artístico co barítono Tito Gobbi e a soprano Maria Callas foi un dos máis famosos da historia. Ídolo de Pavarotti, é coñecido popularmente como Pippo.

Gravacións con Maria Callas A pesar de que a súa carreira foi relativamente curta, Di Stefano acompañou a Maria Callas nalgunha das súas gravacións máis famosas, todas elas baixo o selo de EMI. Xuntos gravaron as seguintes óperas completas:

Lucia Di Lammermoor - 1953 I Puritani - 1953 Cavalleria Rusticana - 1953 Tosca - 1953 I Pagliacci - 1954 Rigoletto - 1955 Il Trovatore - 1956 La Boheme - 1956 Un Ballo in Maschera - 1956 Manon Lescaut - 1957

Outras gravacións Madama Butterfly con Victoria de los Ángeles - 1954 La Traviata con Antonietta Stella e Tito Gobbi - 1955

A agresión na praia de Diani En decembro de 2004 en Diani (Kenya) foi agredido brutalmente por uns descoñecidos e houbo de ser sometido a varias operacións.

Véxase tamén

Ligazóns externas Entrevista con Giuseppe di Stefano e fotos

Categoría:Tenores de Italia Categoría:Nados na provincia de Catania Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 2008