Lemmings é un videoxogo programado orixinariamente para a computadora Commodore Amiga, deseñado por DMA Design e publicado por Psygnosis no ano 1991 e que tivo versións en PC, así como en videoconsolas como NES, SNES, Master System, Mega Drive, Game Boy, PlayStation ou PSP.

Características O xogo sitúase entre o puzzle e a estratexia en tempo real, e consiste en controlar unhas unidades (os lemmings) conducíndoas a través de diversos obstáculos (barrancos, paredes, montañas...) e co obxectivo de chegar a unha posición final. Estas unidades están capacitadas para realizar unha serie de accións, entre as que se encontran as de construír escaleiras, bloquear o paso a outros lemmings, lanzarse en paracaídas etc. Tamén teñen a opción de suicidarse (suponse para o caso de que sexa imposible terminar a partida por perder demasiados lemmings).

No momento da creación de Lemmings había unha conciencia crecente dos dereitos de autor da música, por iso a maioría dos temas son arranxos e regravación de clásicos (de dominio público) para evitar problemas de copyright, de autores coma Offenbach, Mozart, Tchaikovsky, Chopin ou Wagner. dereita|275px|miniatura|<center>Pingus é unha variante GNU de Lemmings. Este xogo tamén estivo dispoñible para os ordenadores Atari ST.

Véxase tamén Outros artigos Wikispecies:Lemmus lemmus

Ligazóns externas The Lemmings Encyclopedia . Lemmings Universe .

Categoría:Videoxogos de estratexia Categoría:Videoxogos de lóxica Categoría:Videoxogos de Game Boy Categoría:Videoxogos de Game Boy Color Categoría:Videoxogos de Sharp X68000 Categoría:Videoxogos de DOS Categoría:Videoxogos de PlayStation Portable Categoría:Videoxogos compatibles con PlayStation Move