Abrígate é unha coprodución cinematográfica galego-arxentina, dirixida por Ramón Costafreda no ano 2007. Rodouse entre Betanzos e A Coruña no verán de 2006 e primeira longametraxe do devandito director galego trala TV-movie Máis ca irmáns.
A película rodouse en galego e castelán, respectando o idioma orixinal dos protagonistas, varios dos cales (Celso Bugallo, María Bouzas, Luis Zahera, Isabel Naveira, María Salgueiro, Pepo Suevos) son actores galegos.
É unha comedia escrita polo guionista da exitosa película arxentina El hijo de la novia, Fernando Castets e producida por Continental Producciones, Oberon Cinematográfica, Patagonik Film Group, TVG e Patagonik Film Group. A súa estrea foi o 24 de maio de 2007.
Sinopse A película ten por protagonista e Valeria (Manuela Pal), unha arxentina de ascendencia galega que deixa a súa terra natal trasládase a vivir a unha vila da provincia da Coruña co obxectivo de atopar e coñecer as súas raíces. Nesta aventura atoparáse con persoas dispares, especialmente cando emprenda a busca do seu amante, un home maduro chamado Yves, que se produce durante a noite de San Xoán. Unha vez descuberta a morte de Yves, acabará por namorarse de Marcelo (Félix Gómez) o fillo deste, entrando nunha encrucixada que a súa xefa Adela (María Bouzas) lle axudará a resolver.
Equipo técnico Dirección artística: Curru Garabal Produción: Pancho Casal, Antonio Chavarrías, Juan Vera Produción Executiva: Carmen de Miguel Eléctrico: Alberto Díaz Blanco´Bertitxi´ Axudante de dirección: Pepo Alba Script: Encarna Alonso Xefatura de son: Arturo Vaquero
Premios Festival de Cine Latinoamericano de Lleida: premio do público e á mellor actriz (María Bouzas)
Véxase tamén Ligazóns externas IMDb Fórmula TV Consello da Cultura Galega Axencia Audiovisual Galega
Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes en lingua castelá