Tapas é unha película española do ano 2005. Foi o debut cinematográfico como directores de José Corbacho e Juan Cruz (tamén guionistas do filme), que acadou unha boa aceptación e críticas e lles valeu ó Premio Goya ó mellor director novel.
Elvira Mínguez, unha das protagonistas, obtivo varios recoñecementos polo seu traballo nesta película, entre eles o Premio Goya á mellor actriz secundaria, o Premio á mellor interpretación feminina no Festival de Málaga e o galardón da Unión de Actores na mesma categoría.
A súa banda sonora inclúe temas de Antonio Orozco e Estopa entre outros.
Sinopse Ambientada en Barcelona, Tapas conta a historia dos distintos personaxes dun barrio humilde, xente de distintas idades e profesións co bar do protagonista, Lolo (Ángel de Andrés), como punto de encontro.
Elenco Ángel de Andrés López (Lolo) Anna Barrachina (Águeda) Alberto de Mendoza (Don Mariano) María Galiana (Doña Conchi) Elvira Mínguez (Raquel) Amparo Moreno (Rosalía) Rubén Ochandiano (César) Rosario Pardo (Carmela) Darío Paso (Opo) Ferran Adrià (El mesmo) Alberto Jo Lee (Mao) Blanca Apilánez (Carmen) Pilar Arcas Cecilia Rossetto (Clienta super) Eduardo Blanco (Edgardo)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial IMDb
Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes en lingua castelá