El hijo de la novia é un filme arxentino de 2001 dirixido por Juan José Campanella e escrito por Campanella e Fernando Castets. Os produtores executivos foron Juan Vera e Juan Pablo Galli, e foi producido por Adrián Suar. Está protagonizado por Ricardo Darín, Héctor Alterio, Norma Aleandro, Eduardo Blanco e Natalia Verbeke.El hijo de la novia en Internet Movie Database.

O filme foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 74ª edición dos premios, e gañou o Cóndor de Prata ó mellor filme.

Sinopse Rafael Belbedere (Ricardo Darín) é un home que rolda os 30 anos e ó que lle vai mal o negocio do restaurante herdado polo seu pai Nino (Héctor Alterio). Ademais, na súa vida sentimental tampouco lle van ben as cousas, xa que está divorciado. Por todo isto, non lle presta moita atención á súa moza Naty (Natalia Verbeke) e hai moito que non vai a visitar a súa nai Norma, (Norma Aleandro) que padece alzhéimer e está ingresada nunha residencia.

Rafael terá que intentar ver cumprido o vello soño da súa nai, que é casar pola Igrexa, antes de que faleza.

Personaxes Ricardo Darín como Rafael Belvedere Héctor Alterio como Nino Belvedere Norma Aleandro como Norma Belvedere Eduardo Blanco como Juan Carlos Natalia Verbeke como Nati Gimena Nóbile como Vicki David Masajnik como Nacho Claudia Fontán como Sandra Atilio Pozzobon como Francesco Salo Pasik como Daniel Humberto Serrano como Padre Mario Fabián Arenillas como Sciacalli Mónica Cabrera como Carmen Giorgio Bellora como Marchiolli Mónica Virgilito como enfermeira do hospital Adrián Suar como Dodi Juan José Campanella como o médico Alfredo Alcón como el mesmo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes da Arxentina propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 74ª edición dos Óscar Ligazóns externas Web oficial

Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes da Arxentina Categoría:Filmes dirixidos por Juan José Campanella Categoría:Filmes rodados en Buenos Aires Categoría:Filmes de Sony Pictures Classics Categoría:Filmes sobre alzhéimer