O X (xe) é a vixésima segunda letra do alfabeto galego, e representa o fonema /ʃ/ (fricativo palatal xordo) ou o grupo /ks/.
Na lingua galega A representación do fonema /ʃ/ exclusivamente mediante o grafema <x> (coma en xente ou xurar), trátase dunha solución innovadora, que racha coa práctica tradicional (cfr. gal. med. gente, iurar), e simplificadora, fundada no criterio fonográfico de relación unívoca fonema-grafema, segundo o cal a cada fonema debe de corresponder un só grafema.
A primeira ocasión en que o fonema /ʃ/ foi representado exclusivamente polo grafema <x> en textos galegos impresos foi cando a edición das Obras en prosa y en verso del Cura de Fruime, de Diego Antonio de Cernadas y Castro, que saíron dos prelos de Joachin Ibarra en Madrid entre 1778 e 1781. Inclúese aí doce pezas ou treitos en galego salferidas entremedias de cinco dos sete tomos das devanditas Obras.
Véxase tamén Entradas da enciclopedia que comezan por X Outros artigos Cromosoma X
Categoría:Grafémica