miniatura|250px|Os Cinco Aneis, son o principal símbolo dos xogos olímpicos modernos, un dos emblemas máis recoñecidos no mundo e un símbolo da paz. Para os Xogos Olímpicos na Antigüidade véxase este artigo.
Os Xogos Olímpicos (Jeux Olympiques en francés, e Olympic Games en inglés),O inglés e o francés son os dous idiomas oficiais do Movemento Olímpico. ou olimpíadas son o maior evento deportivo internacional multidisciplinario no que participan atletas de diversas partes do mundo. Os Xogos Olímpicos son considerados a principal competición do mundo deportivo, con máis de duascentas nacións participantes. Existen dous tipos: os Xogos Olímpicos de Verán e os Xogos Olímpicos de Inverno, que se realizan cun intervalo de dous anos, segundo a Carta Olímpica: «Os xogos da olimpíada celébranse durante o primeiro ano dunha olimpíada, e os Xogos Olímpicos de inverno durante o seu terceiro ano». Os Xogos Olímpicos modernos inspiráronse nos do século VIII a. C. organizados polos antigos gregos na cidade de Olimpia, entre os anos 776 a. C. e o No século XIX, xurdiu a idea de realizar uns eventos similares aos organizados na antigüidade, os que se concretarían principalmente grazas ás xestións do nobre francés Pierre Frèdy, barón de Coubertin. O barón de Coubertin fundou o Comité Olímpico Internacional (COI) en 1894. Desde entón, o COI converteuse no órgano coordinador do Movemento Olímpico, coa Carta Olímpica que define a súa estrutura e autoridade.
A primeira edición dos chamados Xogos Olímpicos da era moderna leváronse a cabo en Atenas, capital de Grecia, a partir do 6 de abril de 1896. Desde aquela oportunidade, foron realizados cada catro anos en diversas cidades do mundo, sendo as únicas excepcións as edicións de 1916, 1940 e 1944, debido ao estalido da primeira e segunda guerra mundial.
A evolución do movemento olímpico durante os séculos XX e XXI deu lugar a varias modificacións nos Xogos Olímpicos. Algúns destes axustes inclúen a creación dos xogos de inverno para deportes invernais, os Xogos Paralímpicos para atletas con algún tipo de discapacidade e os Xogos Olímpicos da Mocidade para atletas adolescentes. Os Xogos Olímpicos de inverno realizáronse por primeira vez en 1924, na localidade francesa de Chamonix. Orixinalmente realizados como parte do evento de verán, o COI considerounos como un evento separado retroactivamente, e desde esa data comezaron a realizarse no mesmo ano que os xogos orixinais. Posteriormente, co fin de potenciar o desenvolvemento dos eventos invernais, o COI decidiu desfasar a realización dos Xogos invernais a partir de Lillehammer 1994. Desde esa data, os Xogos Olímpicos de Inverno realízanse nos anos pares entre dous Xogos de Verán. Os primeiros Xogos Olímpicos da Mocidade de Verán celebráronse en Singapur en 2010, mentres que os Xogos Olímpicos da Mocidade de Inverno celebráronse en Innsbruck en 2012.
O COI tivo que adaptarse a unha variedade de avances económicos, políticos e tecnolóxicos. Como resultado, os Xogos Olímpicos afastáronse do amateurismo puro, segundo o previsto por Coubertin, para permitir a participación dos atletas profesionais. A crecente importancia dos medios de comunicación de masas iniciou o tema de patrocinio das empresas e a comercialización dos Xogos. Grandes boicots realizáronse durante a Guerra fría nos Xogos de 1980 e 1984.
O Movemento Olímpico consta de Federacións Internacionais de cada deporte, Comités Olímpicos Nacionais e Comités Organizadores de cada edición. O COI é responsable da elección da cidade sede. Segundo a Carta Olímpica, a cidade anfitrioa é responsable da organización e o financiamiento dos Xogos. O programa olímpico, composto polos deportes disputados nos Xogos, tamén está determinado polo COI. Existen diversos símbolos e cerimonias olímpicas, como a bandeira e a facho olímpico, así como as cerimonias de apertura e clausura. Preto de 13 000 atletas compiten nos Xogos Olímpicos de Verán e Inverno en 33 deportes diferentes e en aproximadamente 400 eventos. Os gañadores do primeiro, segundo e terceiro lugar en cada evento reciben medallas olímpicas: ouro, prata e bronce, respectivamente.
Os Xogos Olímpicos constitúen unha oportunidade para o país e a cidade sede de darse a coñecer ao mundo.Na actualidade case todos os países están representados nos Xogos Olímpicos. Isto provocou diversos problemas: dopaxe, subornos e actos de terrorismo. Cada dous anos, os Xogos Olímpicos e a súa exposición aos medios, proporcionan aos atletas descoñecidos a oportunidade de alcanzar a fama nacional e internacional, ao tempo que lles fai estar suxeitos a múltiples presións, o cal fai que algúns deles utilizen substancias dopantes para mellorar os seus logros, moitas veces poñendo en perigo a súa saúde. O Comité Olímpico Internacional estableceu dende 1968 os chamados controis anti-dopaxe que poden ser realizados en calquera momento a petición do COI e que poden desencadear a descualificación inmendiata do atleta que dea positivo nese control.
Orixe e nome
O termo olímpico ou olimpíada vén do nome da cidade de Olimpia, en Grecia, onde por volta do ano 776 a.C., comezáronse a celebrar polo verán na honra de Zeus, un certame de xogos deportivos cada catro anos, até que o emperador romano Teodosio I decidiu suprimilo, no final do século IV d.C. Polo tanto a cidade de Olimpia (Olumpía, na forma grega orixinaria, en relación co Olimpo (Ólumpos, ‘o alto entre o máis alto’), a morada dos deuses–, empregando para iso o xenitivo olumpiádos, que pasa ao latín como olympiadis) é o eixo vertebrador de todo o léxico asociado ás Olimpíadas (do adxectivo olímpico -a, o adverbio olimpicamente ou o substantivo olimpismo, “o conxunto de valores e ideais propios dos xogos olímpicos”) e tamén o piar de boa parte da simboloxía propia do certame, como o rito de inauguración que consiste en prender a flama olímpica no estadio desta cidade para logo levala acesa nun facho ata o país de acollida dos xogos que corresponda en cada ediciónArtigo sobre as Olimpíadas no Porta das Palabras.
Moitas veces o termo OlimpíadasOlimpíadas, escrito normalmente en plural e letras maiúsculas. (período de catro anos que media entre distintos Xogos Olímpicos, que na Grecia Antiga constituía unha unidade de medida do tempo, que servía para situar historicamente os feitos) faise sinónimo de Xogos Olímpicos, esta definición é tamén empregada con frecuencia na linguaxe xornalística, porén fan referencia a conceptos distintos e, en certa medida, opostos, xa que de forma xeral a olimpíada é xusto o tempo que non é xogo olímpico. Existe, polo tanto, a nivel lingüístico, certa polémica e aínda que a denominación institucional aposta por definir olimpíada como período entre xogos, na práctica en portugués, castelán, francés, inglés ou galego, Olimpíada pasou tamén a designar a celebración deportivaServizo de Normalización Lingüística da USC..
En 2016 comezou a 31ª Olimpíada da era moderna, e os Xogos Olímpicos de 2016 de Río de Xaneiro foron conseguintemente os Xogos Olímpicos da XXXI Olimpíada. Catro anos despois comezará a trixésimo segunda olimpíada, cuxos Xogos Olímpicos terán lugar en Tokyo (Xapón) no ano 2020. Porén, non houbo ata a data 31 Xogos Olímpicos de verán, senón unicamente 28. Os Xogos da sexta olimpíada (Berlín 1916), da duodécima (Helsinqui 1940) e da décimo terceira (Londres 1944) non se chegaron a realizar por mor das guerras mundiais, pero o calendario de olimpíadas seguiu correndo. En 1906 realizouse na cidade de Atenas unha edición extraordinaria dos Xogos Olímpicos co pretexto de conmemorar o 10º aniversario do comezo dos xogos en 1896. Esta edición dos Xogos Olímpicos de 1906, que tería sido a cuarta, non é considerada oficial polo Comité Olímpico Internacional por ter sido realizada fóra do ciclo de catro anos denominado Olimpíada e, xa que logo, os cuartos Xogos Olímpicos considéranse os celebrados en 1908 en Londres.
Xogos Olímpicos da antigüidade
miniatura|300px|esquerda|Estadio en Olimpia, Grecia.
Os Xogos Olímpicos antigos —chamados así por celebrarse na cidade de Olimpia— foron festas atléticas celebradas cada catro anos no santuario de Zeus en Olimpia, Grecia. Ás competicións acudían participantes de varias cidades-estado e reinos da antiga Grecia. Nestes xogos realizábanse diversos eventos deportivos, combates e carreiras de cuadrigas. Durante os xoegos, os conflitos entre as cidades-estado participantes pospoñíanse ata a finalización das competicións deportivas. Este cesamento das hostilidades foi coñecido como paz ou tregua olímpica. A orixe dos Xogos Olímpicos está rodeada de misterio e lenda. Segundo o relato do historiador grego Pausanias, o Dáctilo Heracles Ideo (non confundir con Heracles o fillo de Zeus) e catro dos seus irmáns correron a Olimpia para entreter ao recentemente nacido Zeus. Ao gañar, Heracles coronouse cunha coroa de olivo e estableceu o costume de celebrar cada catro anos unha serie de eventos deportivos en honor a Zeus.
Píndaro, noutro relato, atribúe os Xogos Olímpicos a Heracles, o fillo de Zeus, ademais persiste na idea de que despois de completar os seus doce traballos, construíu o estadio olímpico en honor a Zeus. Trala súa finalización, dirixiuse en líña recta douscientos pasos, e chamou a iso "distancia estadio" (en grego: στάδιον), que máis tarde se converteu nunha unidade de lonxitude. Outro mito asocia os primeiros Xogos co antigo concepto grego da tregua olímpica (ἐκεχειρία). A data de inicio máis aceptada para os Xogos Olímpicos da Antigüidade é a do ano 776 a. C., basándose nunha inscrición en Olimpia que é unha lista de ganadores dunha carreira pedestre celebrada cada catro anos a partir do ano antes mencionado. Na antigüidade celebráronse eventos de carreiras, boxeo (moito máis cruel có actual, sen apenas normas), loita libre (practicamente tal como a coñecemos actualmente), pankration (loita a morte), eventos ecuestres coma as carreiras de carros, música (considerada unha competición máis) e un péntatlon —consistente en salto de lonxitude, lanzamentos de disco e xavelina, carreira pedestre e loita —. A tradición di que Corebo, un cociñeiro da cidade de Elis, foi o primeiro campión olímpico.
Os Xogos Olímpicos tiñan unha importancia cultural e relixiosa fundamental. Ademais dos eventos deportivos, había sacrificios rituais na honra de Zeus (cuxa estatua, realizada por Fidias, foi colocada no templo de Olimpia) e de Pélope, heroe divino e rei mítico de Olimpia. Pélope foi famoso pola súa carreira de carros co rei Enómao de Pisa. Os atletas participantes, cidadáns (só homes), adestrábanse durante anos nos ximnasios e competían completamente espidos. Os ganadores dos eventos foron admirados e inmortalizados en poemas e estatuas. Celebrábanse cada catro anos, e ese período, coñecido como Olimpíada, foi utilizado polos gregos como unha das súas unidades de medida do tempo. Os Xogos formaban parte dun ciclo coñecido como os Xogos Panhelénicos, que incluía tamén aos Xogos Píticos, os Xogos Nemeos e os Xogos Ístmicos.
Os Xogos Olímpicos da antigüidade chegaron ao seu cénit nos séculos VI e V a. C., porén o seu poder diminuíu gradualmente tralo aumento de poder dos romanos en Grecia. Se ben non hai consenso entre os expertos sobre cando finalizaron oficialmente, a data máis aceptada é a do ano 393 a. C., cando o emperador Teodosio I decretou que todos os cultos e prácticas pagás serían eliminadas (porén, o decreto de Teodosio non contiña ningunha referencia específica a Olimpia). Outra data comunmente citada é o ano 426 a. C., cando o seu sucesor, Teodosio II ordenou a destrución de todos os templos gregos.
Xogos Olímpicos da era moderna
Antecedentes
miniatura|280px|Olympiade de la République o 22 de setembro de 1796, (Museo da Revolución francesa).