O Ñ (eñe) é a décimo terceira letra do alfabeto galego, e representa o fonema nasal velar sonoro //.

Historia miniatura|O Ñ sitúase á dereita do L nos teclados Qwerty para español. A letra ñ non ten equivalente no alfabeto romano. Nos primeiros textos en galego este son representábase coas grafías n, ni ou nn, e foi esta última forma a que se acabou impoñendo na súa forma abreviada, ñ Ramón Mariño Paz, Historia da lingua galega. Sotelo Blanco, 1998, páxina 117-118.. Pola contra en Portugal desde 1265 impúxose nos documentos oficiais nh, de orixe occitana.

Nos mosteiros, e despois nas imprentas, había o costume de economizar letras para aforrar esforzo nas tarefas de copiado e colocación de caracteres; Así, a secuencia «nn» escribíase cun «n» moi pequeno denominado vírgula enriba dun «n» de tamaño normal: «ñ». O mesmo sucedeu en portugués e en galego medieval coa representación de vogais nasais como «an» e «ã».

A letra ñ forma parte do alfabeto en linguas como o castelán, asturiano, aimará, bubi, chamorro, guaraní, mapudungun, mixteco, quechua, tagalo, zapoteco, éuscaro, wólof. O inglés admite o ñ nalgúns préstamos do castelán como «cañon» (como forma arcaica"Canon" lexico.com, a común é «canyon»), «jalapeño», ou «El Niño»..

Outros usos No bretón emprégase para nasalizar a vogal precedente e non para representar o son //, verbi gratia a palabra Jañ pronúnciase //.

Na escritura latina do tártaro de Crimea representa a consoante velar nasal /ŋ/ (igual son velar do galego "unha".) O mesmo sucede nalgunhas transcricións do quenya

En nauruano representa ao dígrafo "ng", aínda que actualmente a tendencia maioritaria é usar simplemente "ng".

Grafías equivalentes noutras linguas Noutras linguas o son /ɲ/ representase de formas diversas: nh no portugués, occitano e no mirandés. Tamén nas grafías reintegracionistas do galego. gn en francés, bretón, valón, jèrriais, italiano, corso, sardo, lígur, piemontés, lombardo, veneciano, friulano, siciliano. ny en catalán, húngaro, quenya, valón, ladino, malaio, indonesio, ewe, gã, ganda, lingala, sesotho, suahili, zhuang e zulú. nj en neerlandés, serbocroata, feroés, frisio, arromanés, cimbro e albanés. ň en checo, eslovaco e romaní. ń en polaco, onde ademais o dígrafo ni ten idéntico valor (o mesmo sucede en éuscaro onde, á parte do ñ, nalgúns dialectos ‘’ni’’ se le como un ñ). ņ en letón. ne/ni/en/in, ng (ao comezo da palabra cando está palatalizada) en gaélico. nn e n en gaélico escocés cando se pronuncian palatalizadas. in en éuscaro (e.g "Espaina", pronunciado "España"). n en gagauz ante ä, e, i, ö e ou.

Notas

Véxase tamén Entradas da enciclopedia que comezan por Ñ

Categoría:Grafémica