Eugenio de Abella, foi un empresario e político galego que foi electo deputado en 1851 e 1853 polo distrito de Pontedeume dentro do liberalismo moderado.

Traxectoria Socio industrial e político de Victoriano Braña e Víctor Méndez, fundou varias empresas na Coruña e Ferrol. Entre estas destaca a Casa de Crédito coa que se dotaron de recursos para abrir un estaleiro na Graña. Este botou os seus primeiros buques en 1848. Na Coruña rexistrou a fábrica de vidro "La Minerva".

Politicamente ligado ao moderantismo, Abella, Braña e Méndez doaron a madeira precisa para a construción dun buque de guerra bautizado como "Narváez", na honra do líder político do partido moderado, Ramón María Narváez, en 1850. Con todo, a nave resultou inservible por problemas de podremia, sendo despezada en 1857.

Xosé Ramón Barreiro Fernández afirma que se presentou a deputado para consolidar os seus intereses empresariais, con todo as súas sociedades quebraron en 1854. Foi electo polo Partido Moderado nas eleccións do 10 de maio de 1851 e do 4 de febreiro de 1853 representando o distrito de Pontedeume.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos