María Rosario Golmar Saavedra, máis coñecida como Charo Golmar, nada en Vila (Santiso, Lalín) o 6 de outubro de 1960, é unha mestra e escritora galega.
Traxectoria
É filla de Xesús Golmar, mestre galeguista, escritor e derradeiro alcalde republicano de Lalín, represaliado tras a guerra do 1936 e inhabilitado para o exercicio do maxisterio, que morreu cando ela tiña un ano. Estudou no IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín e maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu a docencia os últimos anos no CEIP Xesús Golmar de Lalín (que leva o nome de seu pai). Xa xubilada, en 2022 o centro rendeulle unha homenaxe e plantaron un camelio no xardín na súa honra.
Traballa con diversas asociacións culturais, é promotora da Fundación Paco Lareo, patroa da Fundación Neira Vilas e membro do Seminario de Estudos de Deza. Ten formado parte de xurados en certames literarios e foi pregoeira en celebracións arredor da lingua e da cultura galega. É colaboradora habitual da revista cultural Nós a xente do redor, e no anuario Descubrindo e Forxa Literaria, Encontros culturais no rural da Fundación Paco Lareo. Obra Infanto-xuvenil Poesía
Nobelo de luz (2020). Silleda: Fervenza. Ilustracións de Amalia López Brea "Luchi". Inspirado na experiencia docente da autora. 86 páxs. ISBN 978-84-18136-04-7.
No bico do vento (2022). Santiago: Ed. Bolanda. 64 páxs. ISBN 9788419219305. Narrativa Alma de Nadal (2023). Jabeiras Edicións, S.L. 32 páxs. ISBN 9788412791808. Obra colectiva Libro dos Reis Magos (2012). Antoloxía. Homenaxe a Olimpio Arca Caldas. Un mestre do pobo (2016). Silleda: Fervenza.
Libro homenaxe a Manuel María (2015-2017). Pico Sacro ferido polo lóstrego e a lenda (2017). Santiago. Alvarellos. 75 apertas de buxo irmandados para Pintor (2021). Silleda: Fervenza. Cancioneiro do Camiño (2025). Libro CD. Silleda: Fervenza. Entre o Sonho e a Realidade: XIII Colectânea Galaico/Portuguesa/Internacional (2026). Ourense: Andromena Senlleira. Paco Lareo, o forxador de soños (2023). Fundación Paco Lareo. Willy sempre Wily (2024). Concello de Lalín.
Recoñecementos Homenaxe do CEIP do Foxo no día da poesía (A Estrada, 25 de marzo de 2021) Homenaxe do CEIP Xesús Golmar (Lalín, 19 de maio de 2022)
Medalla da Fundación Paco Lareo. A Solaina de Piloño (Vila de Cruces, 10 de xullo de 2021) Folla de Carballo. Asociación Cultural “A carballeira de Cercio” (Cercio-Lalín, 17 de xullo de 2021) Madriña da festa das palabras de Dinamiza Estrada (A Estrada, 6 de xuño de 2023.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista no Diario de Pontevedra (15/7/2020)
Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1960 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Profesores de Galicia