José Carlos Ulloa García, máis coñecido como José Carlos Ulloa, nado en Lugo o 7 de xaneiro de 1967, é un mestre e escritor galego.

Traxectoria

Aínda que nado en Lugo, as súas raíces familiares están no Val da Forca (Taboada). Profesor de Primaria e Secundaria (dende o ano 1990), coa especialidade de Filoloxía (Lingua Castelá, Lingua Galega e Lingua Inglesa), é membro fundador e directivo da “Irmandade Poética e Artística Galaico-Lusa” (desde 2018). Foi mediador con menores no ámbito educativo, especializado en PAS (persoas altamente sensibles).

Membro fundador da Irmandade Poética e Artística Galaico-Lusa e vogal da “Asociación Cultural Caldaloba”.

Colaborador na revista do Centro Galego de Bos Aires (2010-2016) e nos Roteiros das Artes (Taboada-Lugo -2016-; Sarria-Lugo -2016-; Chantada-Lugo -2016-), Roteiros das Artes Internacional: Galicia-Moçambique (Numa linguagem e numa sinfonía -2016-; Galiza-Nicaragua: Morriña entre lagos e volcanes -2016-; Cabo Verde-Galiza: Abraço poético -2016-; Angola-Galiza: Sementes da lingua -2017; Galiza-Ucrania: Harmonía de corazóns -2017-; Galiza-Perú: Libérrimo Austral -2017-).

Tamén colaborou na Colectánea de Poesía Luso-Galaica -2018 e 2022-, Micropoesía da Chaira: Vilariñas -2018, 2019, 2020-, Revista Xistral: Revista Lucense de creación poética -n.º 20, 22, 23, 24-, NPGaZeta -n.º 0, 1, 2-, Colectánea Raia Luso-Espanhola -2020-, Poetas na cociña -2020, 2021, 2022-, Nós, a Xente do Redor -2021, 2022-, Grito de mujer -2021-, Sexipoética de Almuñecar (-2021-, Cairón (Boletín do Instituto de Estudos Ulloáns) -2021-, Poesía en femenino “Mulleres do rural” Concello de San Sadurniño -2021-, Amor en carne viva -2021-, Poetas do Reencontro -n.º1 e 2, Poemas Pendurados De Farolas -2018, 2021, 2022-.

Obras

Poesía

El Embrujo y la Musa (2005). Santiago: Alvarellos Editora. 106 páxs. ISBN 978-84-89323-02-5. Reeditado en 2017 por Andavira Editora con ilustracións a cores. A Deusa das margaridas murchas (2014). Santiago: Andavira Editora. ISBN 9788494253843. Anárquicas arritmias (2021). Editorial Punto Rojo. Bilingüe, galego-castelán. ISBN 9788418721885. Un nuevo amanecer (2025). Con Javier Neira Pampín. Punto Rojo Libros. ISBN 9798865241942.

Notas

Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1967 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá