Ana María Somoza Soler, nada en Lugo en 1921, e finada en Patones, en 2020, foi unha ilustradora científica, pintora e debuxante galega.

Traxectoria Ana María "Ana Mari" Somoza Soler foi unha das tres ilustradoras que participaron na primeira edición do Tratado de Paleontología de Bermudo Meléndez Meléndez en dous tomos (Madrid: Instituto Lucas Mallada de Investigaciones Geológicas, 1947-1950) xunto coas irmás María del Carmen e Ascensión María Benito Arzá. O título do primeiro tomo é Invertebrados. 1º. Animais inferiores e o título do segundo é Invertebrados. 2º. Artrópodos e moluscos. O primeiro tomo contén 259 figuras das que 24 están asinadas por ela mesma, 132 por María del Carmen Benito Arzá e 24 por Ascensión María Benito Arzá. O resto das figuras aparecen sen asinar. Ademais inclúe 9 láminas de fotografías. O segundo tomo ten 414 figuras das que 137 están asinadas por ela mesma, 56 por María del Carmen Benito Arzá e 22 por Ascensión María Benito Arzá. O resto das figuras aparecen sen asinar, agás unhas poucas nas que aparecen o iniciais «M. G.» ou que están asinadas por Ignacio Moreno Cardona. Ademais inclúe 17 láminas de fotografías.

Malia que as tres ilustradoras participaron no Tratado dende a primeira edición, non foi até a edición ampliada de 1970 cando Bermudo Meléndez as cita na sección de «Agradecementos» da obra. esquerda|miniatura|400x400px|Agradecementos da edición revisada e ampliada do Tratado de Paleontología de Bermudo Meléndez (1970). miniatura|Esquerda: Onychaster flexibilis (Meléndez, 1947. Fig. 177. Páx. 329). Placa calcográfica (7 x 5,3 cm). Dereita: Aspidosoma tischbeinianus (Meléndez, 1947. Fig. 176. Páx 325). Placa calcográfica (7 x 7 cm). miniatura|Esquerda: Prionotropis woolgari ((Meléndez, 1950. Fig. 359. Páx. 566). Placa calcográfica (8,5 x 6,8 cm). Dereita: Lichas palmata (Meléndez, 1950. Fig. 51. Páx. 126). Placa calcográfica (8,2 x 5,8 cm). Estudou ciencias naturais na Universidade Central, onde ademais traballou como fotógrafa e debuxante nas facultades de Medicina, de Ciencias Naturais e no CSIC. até 1955 segundo consta nos expedientes persoais custodiados na base de datos do Arquivo da Universidade Complutense de Madrid.

A partir dos seus debuxos realizou moitas das placas calcográficas que serviron para ilustrar as diferentes edicións do Tratado de Paleontología, conservadas no Museo da Xeoloxía da Facultade de Ciencias Xeolóxicas da Universidade Complutense de Madrid. miniatura|Triceromeryx pachecoi. Cabeza reconstruída (Meléndez, 1995. Fig. 11.58. Páx. 79). Placa calcográfica (10,5 x 8 cm). Tamén asinou láminas docentes de carácter biolóxico que se conservan no Museo de anatomía comparada de vertebrados da Facultade de Ciencias Biolóxicas da Universidade Complutense de Madrid.

No seu afán por converterse en artista e vivir do debuxo e da pintura, pediu bolsas e tentou oposicións a docente na Facultade de Belas Artes, sen éxito, pero perseverou presentando obras en concursos e elaborando banda deseñada e guións de cinema até a idade de 85 anos.

Legado O seu legado artístico e documentación persoal consérvanse no Arquivo da Universidade Complutense de Madrid.

Notas

Categoría:Nados en 1921 Categoría:Nados en Lugo Categoría:Finados en 2020 Categoría:Debuxantes de Galicia