O Canadian Tire Centre (en francés Centre Canadian Tire'') é un arena multipropósito localizado no suburbio de Kanata en Ottawa, Ontario, Canadá. Foi inaugurado en xaneiro de 1996 como Palladium e foi tamén coñecido como Corel Centre (en francés Centre Corel) entre 1996 e 2006, e como Scotiabank Place (en francés Place Banque Scotia''') entre 2006 e 2013.
O principal uso do arena é para a práctica de hóckey sobre xeo, sendo o estadio local dos Ottawa Senators da National Hockey League (NHL) dende a súa inauguración en 1996, así como do Ottawa Charge da Professional Women's Hockey League (PWHL) dende 2026, e os Ottawa Black Bears da National Lacrosse League dende 2024. Anteriormente foi empregado temporalmente para os partidos como local dos Ottawa 67's da Ontario Hockey League dende 2012 ata 2014 durante a renovación do TD Place Arena.
Notas
Categoría:Pavillóns da NHL Categoría:Pavillóns dos Ottawa Senators Categoría:Pavillóns do Ottawa Charge Categoría:Pavillóns da PWHL Categoría:Ottawa