O condado de Soissons era unha xurisdición feudal do Reino de Francia centrada na cidade de Soissons. O condado estaría en mans da familia dos nibelungos e pasou por herdanza arredor do ano 898 a Heriberto I, descendente de Teodorico, que probabelmente era o seu avó materno; Heriberto era conde de Vermandois e Soissons e, á súa morte, foi sucedido polo seu fillo Heriberto II de Vermandois e Soissons, que morreu en 943; na guerra contra o rei de Francia perdería Soissons arredor do ano 931 e entón aparece como conde Valderico, que asina unha carta o 10 de xuño de 966. Máis tarde aparece como o conde Guido I (arredor de 969-988), cuxa filla, Adelisa, casou con Nocher II, conde de Bar-sur-Aube. Pasou por herdanza á casa de Eu de Normandía e despois á casa de Nesle. Unha dobre herdanza feminina pasouno ás casas de Avesnes e despois á de Châtillon. Guido de Châtillon vendeullo a Luís, duque de Orleáns, e foi transmitido polo bastardo de Orleáns, conde de Dunois, á rama de Orleáns-Longueville e, polo matrimonio de Francesca co príncipe Luís I de Borbón-Condé, á casa de Borbón-Condé. Luís de Borbón-Soissons (conde 1612-1641) deixou só un fillo natural (sen dereito a herdanza), chamado Luís Entic (falecido en 1703), e a herdanza recaeu en María, a irmá de Luís, que o aportou por matrimonio á casa de Savoia-Carignan. En 1734, a liña masculina de Carignan extinguiuse e a herdanza lle correspondía á princesa de Saxonia-Hildburghausen que tomou o condado á casa de Orleáns, que a mantivo ata 1790.
Lista de condes
Condes carolinxios
Heriberto I de Vermandois, sobre 898-900. Heriberto II de Vermandois, 900-sobre 931. Valderico arredor de 931-969. Guido I, arredor de 969-988. Adelisa 988-?.
Casa de Bar-sur-Aube
?- 1019 : Nocher II (morto en 1019), conde (jure uxoris), marido de Adelisa. 1019-1057: Renaldo I (falecido en 1057), fillo. 1057: Guido (falecido en 1057), fillo. 1057-1079: Adelaida ou Adela (1040-1079), irmá.
Casa de Normandía
?- 1076 : Guillerme Busac (nado antes de 1025 - 1076) conde (jure uxoris), marido de Adelaida. 1076 - 1099 : Renaldo II, fillo. 1099 - 1118 : Xoán I (finado arredor de 1118), irmán. 1118-1146 : Renaldo III ((morto en 1146), fillo.
Casa de Nesle
1146-1178 : Ivo (III) de Nesle, o Vello (finado en 1178) conde, fillo de Raúl de Nesle e neto de Ramentrudis, irmá de Xoana de Soissons e o seu marido Ivo de Nesle. 1178-1180 : Conón (falecido en 1180), fillo de Raúl II de Nesle (irmán de Ivo o Vello). 1180-1237 : Raúl I o Bo (nado arredor de 1150 - + 1237), irmán. 1237-1270 : Xoán II o Tatexo (nado c. 1224-1272), fillo. 1270-1284 : Xoán III (finado en 1284). 1284-1289 : Xoán IV (falecido en 1289. 1289-1298 : Xoán V (1281-1298). 1298-1306 : Hugo (falecido en 1306). 1306-1344 : Margarida (1306-1350).
Casa de Avesnes
1322 - ? Xoán de Avesnes (marido de Margarida). 1344-1350 : filla de Xoana de Hainaut (1323-1350).
Casa de Châtillon
1344-1346 : Luís I de Châtillon (primeiro marido de Xoana). 1348-1350 Guillerme I o Rico, Margrave de Namur (+1391). 1350-1367 : Guido II de Blois-Châtillon (?-1397), fillo de Luís I.
Casa Coucy (Gante)
1367-1398 : Enguerrando VII de Coucy 1340 - 1398. 1398-1404 : María de Coucy (1366-1404). 1404: Isabel (finada en 1411).
Casa de Orleáns
1404-1407 : Luís (1372-1407). 1407-1412 : Carlos 1394 - 1465.
Casa de Bar
1412-1415 : Roberto 1390-1415, fillo de Henrique de Bar, señor ou conde de Marle, e de María de Coucy. 1415-1462 : Xoana 1415-1462, casada con Luís de Luxemburgo, conde de Saint-Pol e Ligny.
Casa de Luxemburgo
1462 - 1476 : Xoán de Luxemburgo (fiando en 1476). 1476 - 1482 : Pedro de Luxemburgo-Saint-Pol (circa 1435-1482) Conde de Soissons e Saint-Pol. 1482-1547 : María (1466 / 1472 -1547).
Casa de Borbón
1487 - 1495 : Francisco de Borbón-Vendôme (1470 -1495), conde (jure uxoris), esposo de María. 1495-1537 : Carlos de Borbón-Vendôme (1489-1537), conde por dereito materno (jure matris), fillo. 1547 - 1557 : Joan de Borbón-Soissons (1528 -1557), fillo. 1557-1569 : Luís I de Borbón-Condé (1535-1569), irmán. 1569-1612 : Carles de Borbón-Soissons (1566-1612), fillo. 1612- 1641 : Luís de Borbón -Soissons (1604 -1641), fillo. 1641-1656 : María de Borbón-Soissons (1606 -1692), irmá.
Casa de Savoia
1641-1656 Tomé de Savoia-Carignan (1596-1656), conde (jure uxoris), marido da anterior. 1646/50-1656 : Xosé Manuel (1631-1656), conde titular, fillo. 1656-1673 : Uxío Mauricio (1635-1673), irmán, duque de Carignan nas Ardenas. 1673-1702 : Lois Tomé (1657-1702), fillo. 1702-1729 : Manuel Tomé (1687 -1729), fillo. 1729-1734 : Uxío Xoán Francisco (1714 --1734), fillo.
Casa de Orleáns
- 1752: Lois de Orleáns (1703 - 1752), fillo. 1752 - 1785: Lois Filipe de Orleáns (1725 - 1785), fillo. 1785 - 1793: Filipe de Orleáns (1747 - 1793), fillo. Renunciou ao seu patronímico e ao seu título en 1792 e pasará a chamarse Filipe Igualdade.
Véxase tamén Ligazóns externas Enciclopedia Británica
Categoría:Picardía Categoría:Condados de Francia