Andrea Mirón Castro, nada en Pontevedra o 17 de xuño de 1991, é unha xogadora galega de fútbol praia. En 2026 foi nomeada mellor xogadora do mundo.

Traxectoria Clubs

Comezou xogando ao fútbol sala no Queiroga, o Leis FS e o Marcón FS. En 2006 comezou na sección deportiva do Pontevedra CF, que por entón presidía o seu tío Nino Mirón. En 2011 pasou ao Peluquería Mixta Friol e en 2014 fichou por El Olivo. Na tempada 2016-17 xogou no SC Braga e na 2017-18 no Joventut Almassora CF. Regresou ao Friol, e acadou o ascenso á segunda división na tempada 2018-19. En 2020 comezou a súa etapa portuguesa. Tras fichar polo FC Famalicão, en 2021 pasou ao SCU Torreense e en 2022 ao SF Damaiense. Regresou ao FC Famalicão en 2023, e en 2025 fichou polo Gil Vicente FC.

Dentro do fútbol praia, en 2022 estivo no AIS Playas de San Javier e dende 2023 xogou no CD Melilla. En 2025 acadou o Scudetto de fútbol praia co Cagliari. Ademais, participou na Queens League de fútbol indoor co Aniquiladoras FC.

Seleccións En 2012 foi convocada para a selección galega feminina de fútbol praia para xogar o campionato de España. Pasou despois á selección española, e en 2019 acadou a medalla de ouro nos Xogos Mundiais de Area.

Recoñecementos

Mellor xogadora do mundo de fútbol praia (2026). Notas

Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1991 Categoría:Futbolistas de Pontevedra Categoría:Futbolistas de fútbol praia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes