A estación de Ribadeo é unha estación ferroviaria situada na periferia da vila de Ribadeo, no lugar da Estación (Ove). Forma parte da rede de vía estreita operada por Renfe a través da división comercial Renfe Proximidades AM. Dispón de servizos de Proximidade da liña C-1 (antiga liña F-1 de FEVE e C-1f de Renfe Feve), entre Ferrol e Ortigueira. Tamén dispón de servizos rexionais da liña R-1f entre Ferrol e Oviedo, así como servizos parciais entre Ferrol e Ribadeo denominados R1a.
Situación ferroviaria Atópase no punto quilométrico 146,31 da liña férrea de ancho métrico que une Ferrol con Xixón a 43 metros de altitude. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia As instalacións ferroviarias abríronse ao tráfico o 22 de xuño de 1968 coa apertura do tramo Viveiro-A Veiga. O Estado foi o encargado de realizar as obras que pretendían unir Ferrol con Xixón seguindo a costa cantábrica, algo que non sucedeu até o 6 de setembro de 1972.
A xestión da estación e a explotación do servizo recaeron en mans de FEVE ata que en 2013 se lle atribuíu a explotación a Renfe Operadora e as instalacións a Adif.
Servizos ferroviarios
Rexionais Os trens rexionais que unen Ferrol e Asturias teñen parada na estación. O traxecto é directo se se pretende viaxar a Oviedo, mais se o destino final é Xixón cómpre facer un transbordo en Pravia.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Renfe Proximidades AM na web de Renfe Operadora.
Ribadeo Categoría:Ribadeo