O ubikh é unha lingua morta do grupo das linguas caucásicas noroccidentais, falada outrora polo pobo ubikh, un grupo étnico circasiano que habitaba na costa leste do mar Negro antes de ser asasinados ou deportados en masa polo Imperio Ruso cara ao Imperio Otomán durante o xenocidio circasiano.

O ubikh é unha lingua ergativa e polisintética, cun alto grao de aglutinación, con concordancia verbal polipersoal e un número moi elevado de consoantes distintas, mais só dúas vogais fonemicamente distintas. Cunhas oitenta consoantes, posúe un dos maiores inventarios de consoantes do mundo e o maior número de calquera lingua sen clics.

Características xerais O ubikh distínguese polas seguintes características, algunhas das cales son compartidas coas linguas caucásicas do noroeste:

É unha lingua ergativa, que non realiza diferenciación sintáctica entre o suxeito dunha frase intransitiva e o complemento directo dunha frase transitiva. A ergatividade parcial parece non ter importancia na gramática, cousa pouco común noutras linguas. É fortemente aglutinante, empregando principalmente raíces mono ou bisilábicas, chegando palabras illadas a alcanzar nove ou máis sílabas de lonxitude: . se polo menos non foses quen de facer que el o sacase todo outra vez de debaixo de min para eles. Os afixos úsanse moi de cando en cando. Ten un sistema nominal simple, contrastando só catro casos nominais e non marcando o número gramatical no caso directo ou non locativo. O sistema de concordancias verbais é bastante complexo. Os verbos do ubikh deben concordar co suxeito, o obxecto directo e o indirecto e o benefactivo tamén debe estar marcado no verbo. A súa fonoloxía tamén é complexa con 84 consonantes distintivas (tres das cales aparecen só en préstamos lingüísticos). Porén, de acordo a algunhas análises lingüísticas, só posúe dúas vogais, pero estas teñen un gran número de alófonos debido á cantidade de consonantes que poden acompañalas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Linguas caucásicas noroccidentais

Bibliografía Colarusso, J. 1994 Proto-Northwest Caucasian, or, How to Crack a Very Hard Nut. Journal of Indo-European Studies 22: 1-17. Dumézil, G. 1965 Documents anatoliens sur lles langues et lles traditions du Caucase, III: Nouvelles études oubykhs. Librairie A. Maisonneuve: París. Dumézil, G. 1975 Le verbe oubykh: études descriptives et comparatives. Imprimerie Nationale: París. Fenwick, R. (2011). A Grammar of Ubykh. Múnic: Lincom Europa. Hewitt, B. G. 2005 North-West Caucasian. Lingua 115: 91-145. Mészáros, J. von. 1930 Die Päkhy-Sprache. University of Chicago Press: Chicago. Michaud, A. 2005 Eating fish makes you clever. Available via . Vogt, H. 1963 Dictionnaire da langue oubykh. Universitetsforlaget: Oslo.

Categoría:Linguas de Turquía Categoría:Linguas mortas de Asia Categoría:Linguas caucásicas noroccidentais