thumb|Unha unidade de retroalumamento led. A LCD con retroalumamento led ou pantalla led é unha pantalla LCD que utiliza un tipo de alumamento a base de díodos emisores de luz (led, acrónimo inglés de light-emitting diode) en lugar das lámpadas fluorescentes utilizadas nas pantallas LCD tradicionais. As unidades de retroalumamento son necesarias para as pantallas LCD, xa que estas non dispoñen de luminancia propia.
Até arestora, a unidade de retroalumamento máis utilizada fora a CCFL (en inglés, cold cathode fluorescent light), pero as calidades da tecnoloxía led como: unha longa esperanza de vida, unha resposta rápida, unha ampla gama de cores e o respecto co medio ambiente, converteron o retroalumamento LED no mellor candidato a substituíla.
Dado que o único cambio no monitor é soamente de lámpadas posteriores, o monitor herdará exactamente as mesmas características que o panel co que está fabricado, só mellorando os elementos relacionados co alumamento, pero xamais coa calidade de visión do panel.
Este tipo de retroalumamento non modifica a calidade en canto á imaxe dos monitores ou televisións, xa que a tecnoloxía do panel é a mesma, pero si a visión. A diferenza está no tipo de alumamento, logrando máis eficacia enerxética e un alumamento máis efectivl. Son baratos de fabricar, pero non coma os de tubos fluorescentes.
Técnicas de retroalumamento led En concreto, existen dous tipos de unidades ou técnicas de retroalumamento led: os LED brancos ou os LED RGB."LED vs. LCD: Which is better?" (arquivado en Archive.org). www.cnet.com.au.
LED brancos Os LED brancos son capaces de emitir unha luz branca directamente. Un led branco está formado normalmente por un led azul con fósforo amarelo para dar a impresión de luz branca. En consecuencia, a densidade espectral é máis forte na parte verde, pero ten certas carencias en zonas do azul e o vermello. Teñen pouca eficiencia e requiren alta potencia pero obteñen valores máis altos de luminancia e son máis sinxelos e económicos cá os LED baseados en RGB. Utilízanse principalmente en computadores portátiles e practicamente en todas as pantallas LCD de móbiles.
LED RGB thumb|dereita|200px|Exemplo de LED RGB. Os LED RGB consisten, como se pode ver na fotografía da dereita, en tres led (un vermello, un azul e un verde) que se combinan para emitir luz branca a diferentes temperaturas. Son de baixa potencia e pódense utilizar centos ou mesmo milleiros. O punto forte dos LED RGB é a súa capacidade de ofrecer unha ampla gama de cores. Isto é posíbel, xa que ao utilizar tres LED de diferentes cores, a cor verde non ten tanta intensidade como a dos LED brancos e obtense unha densidade espectral das cores máis pura. Deste xeito é posíbel reproducir algunhas cores que en pantallas LCD CCFL non sería posíbel.
Vantaxes fronte aos tubos CCFL Maior brillo máximo de pantalla Menor consumo eléctrico, xa que os led non necesitan un ceibador para quentar o tubo Maior vida útil que as lámpadas fluorescentes Minimizado o efecto backlight bleeding como o coñecen os angloparlantes, consistente nun retroalumamento non uniforme ao longo da pantalla. A redución deste efecto débese a que nos monitores LCD fluorescentes os tubos están dispostos nos laterais, mentres que os led están dispostos ao longo do monitor. Maior pracer sensorial e físico Son máis visíbeis fronte a fontes de luz directas
Notas
Categoría:Iluminación