Un enxeñeiro é un profesional da enxeñaría. A palabra enxeñeiro (do latín ingeniator, deriva das palabras latinas ingeniare (idear) e ingenium (enxeño). O traballo dos enxeñeiros forma a conexión entre os descubrimentos científicos e as súas aplicacións posteriores ás necesidades humanas e empresariais. Os enxeñeiros deseñan materiais, estruturas, máquinas e sistemas tendo en conta as limitacións impostas pola practicidade, a seguridade e o custo, entre outros factores. A formación técnico-científica fainos capaces de resolver problemas tecnolóxicos, prácticos e moitas veces complexos, vinculados ao deseño, realización e implementación dos produtos, sistemas ou servizos.

Disciplinas

Enxeñeiro/a de automóbiles Enxeñeiro/a aeroespacial Enxeñeiro/a agrónomo/a Enxeñeiro/a arquitectónico/a Enxeñeiro/a biomédico/a Enxeñeiro/a de camiños ou civil Enxeñeiro/a computacional Enxeñeiro/a eléctrico/a Enxeñeiro/a industrial Enxeñeiro/a mecatrónico/a Enxeñeiro/a mecánico/a Enxeñeiro/a metalúrxico/a Enxeñeiro/a de materiais Enxeñeiro/a de minas Enxeñeiro/a militar Enxeñeiro/a de montes Enxeñeiro/a naval Enxeñeiro/a químico/a Enxeñeiro/a de software Enxeñeiro/a xenético/a

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Enxeñaría

Categoría:Enxeñeiros