Pelayo Fernández Balboa, nado en Vigo o 29 de abril de 2003, é un futbolista galego-asturiano que xoga como defensa do Cádiz, cedido polo Rayo Vallecano.
Traxectoria Fillo do futbolista asturiano Sergio Fernández, naceu en Vigo na época na que seu pai militaba no Celta de Vigo, e viviu na cidade galega tres anos. Formouse como futbolista nas canteiras do CD Quirinal, do Sporting de Gijón e do FC Barcelona.
Tras xogar no Barcelona Atlètic, en xullo de 2024, asinou un contrato de catro anos co Rayo Vallecano, da Primeira División. Debutou na máxima categoría o 29 de marzo do ano seguinte, saíndo como titular nunha vitoria por 0-2 sobre o Deportivo Alavés. Para a tempada 2025/26 foi cedido ao Cádiz, da Segunda División.
Notas
Categoría:Nados en 2003 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Cádiz CF Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano Categoría:Xogadores do FC Barcelona B