miniatura|250px|Río Deva en Arbo. Deva é un nome propio feminino galego. A súa orixe é celta e está relacionada cos ríos. En Galicia dá nome a dous afluentes do Miño, un na banda pontevedresa e outro na ourensá. O hidrónimo Deva está formado pola raíz indoeuropea dei- 'brillar'.
En xaneiro de 2023 existían 44 mulleres en Galicia co nome Deva, cunha media de idade de 7,1 anos.Deva na Web do Instituto Galego de Estatística
Historia O seu uso estendeuse a finais do século XX, incorporándose ao corpus dos nomes galegos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega
Categoría:Nomes femininos de orixe celta Categoría:Nomes femininos galegos