Alberto Suárez Gallego, nado o 26 de abril de 1918 no concello da Veiga, e finado no campo de concentración de Gusen o  14 de novembro de 1941, foi un refuxiado galego deportado aos campos de concentración nazis.

TRAXECTORIA Foi trasladado desde o Stalag V-D de Estrasburgo a Mauthausen o 13 de decembro de 1940, co número 5304. Rexistrado como Rotspanier, solteiro, de profesión Müller (muiñeiro), e de relixión católica. miniatura|Avis de dece enviado ao pai de Alberto polo goberno francés Rotspanier (vermellos españois) era o nome alemán co que os nazis denominaban aos presos republicanos en Francia e nos campos do III Reich. Vermellos, apátridas e inimigos públicos, así foron catalogados os máis de 7.000 españois internados en Mauthausen, un campo de categoría III, a categoría dos irrecuperables.

O 17 de febreiro de 1941 levárono a Gusen, sendo rexistrado co número 10736. Alí morreu o 14 de novembro de 1941, ás 12:59 horas. Causa da morte rexistrada: ictericia.

NOTAS

Véxase tamén

Bibliografía

Amat-Piniella, Joaquim (2014). K. L. Reich. Barcelona: Libros del Asteroide. Bermejo, Benito; Checa, Sandra (2006). Libro memorial: españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Ministerio de Cultura. Federación Nacional de Deportados e Internados Resistentes y Patriotas (1969). Deportación. El horror de los campos de concentración. Barcelona. Editorial Petronio. Hernández de Miguel, Carlos (2015). Los últimos españoles de Mauthausen. La historia de nuestros deportados, sus verdugos y sus cómplices. Barcelona. Ediciones B. VV. AA. (2004). Livre-mémorial des déportés de France arrêtés par mesure de répression et dans certains cas per mesure de persécution 1940-1945. París: Éditions Tirésies. Wachsmann, Nikolaus (2015). Historia de los campos de concentración nazis. Barcelona. Crítica.

Categoría:Nados na Veiga Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis Categoría:Membros galegos da Resistencia francesa