Chelonoidis niger guentheri é unha subespecie da tartaruga xigante das Galápagos endémica da illa Isabela do arquipélago das Galápagos na zona do volcán Sierra Negra. Noutras clasificacións este taxon foi tratado como especie co nome Chelonoidis guentheri. O epíteto do nome científico guentheri (que ás veces se escribiu guntheri) púxoselle en lembranza do zoólogo alemán Albert Günther.

Taxonomía Esta tartaruga é unha subespecie de Chelonoidis niger, e ás veces considérase unha especie distinta.

Polo menos unha autoridade suxeriu fusionar esta subespecie con C. n. vicina, C. n. microphyes e C. n. vandenburghi como tartaruga de Isabela do sur (C. n. vicina), atribuíndo as diferenzas morfolóxicas a variacións xeográficas.Pritchard 1996. The Galapagos tortoises: Nomenclatural and survival status. Chelonian Research Monographs. (1):1–85

Descrición As tartarugas macho desta subespecie crecen ata os 120 cm e as femias ata uns 92 cm de lonxitude e poden ter coiraza abovedada ou aplanada.

Comportamento Alimentación Comen vexetación arbustiva ou plantas herbáceas de baixa altura, herbas, cactos, liques e froitas.

Reprodución As tartarugas macho compiten entre elas estirando os pescozos, abrindo a boca, mordendo e chocando as coirazas. Producen un son gutural cando se aparean. As femias fan postas de 6–11 (por veces ata 17) ovos. As tartarugas novas adoitan permanecer nas terras baixas máis cálidas da área de distribución da subespecie ata que teñen 10–15 anos.

Distribución e hábitat A área de distribución destas tartarugas está limitado a unha área duns 800 km2 nas ladeiras do volcán Sierra Negra, desde case o nivel do mar ata unha altitude duns 1000 m, no extremo sur da illa Isabela. Alí habita en bosques caducos ou perennes, praderías secas, terras con vexetación introducida ou terras agrícolas. A poboación estímase en 400–700 individuos maduros, o que supón un declive do 99 % desde unha cifra estimada de 71.000 individuos que habería antes do contacto humano coas illas.

Un censo de poboación de 2023 das tartarugas de Isabela do sur (que tamén incluía C. n. vicina) estimou unha pobaoción de 704 individuos.

Conservación A subespecie considérase en perigo crítico. A poboación foi historicamene sobreexplotada como fonte de alimento e de aceite polos mariñeiros e colonos, e aínda segue habendo algún furtivismo. Outras ameazas son a predación de ovos e crías e a degrdación do hábitat pola introdución de animais como cans, roedores, porcos, cabras e as formigas Solenopsis. As erupcións volcánicas tamén son unha ameaza para as tartarugas e o hábitat.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de subespecies da tartaruga das Galápagos

Categoría:Testudínidos Categoría:Animais descritos en 1889