Margarita Padilla García, nada en Barcelona o 22 de xaneiro de 1957, é unha enxeñeira e programadora informática, así como autora de varios textos de pensamento crítico sobre tecnoloxías e sociedade rede. Foi unha das fundadoras de Sindominio, un proxecto que se creou en Madrid entre 1998 e 2000 para o apoio dos colectivos sociais na rede. Nas súas achegas analiza a evolución da tecnoloxía social, a loita dos colectivos na rede e a emerxencia dun novo ecosistema colaborativo que sexa quen de facer fronte á usura comercial. Actualmente desenvolve a súa actividade profesional na cooperativa Dabne.

Traxectoria Estudou Enxeñaría Informática de Sistemas na Universidade Politécnica de Cataluña entre 1985 e 1994. En 1997, trasladouse de Barcelona a Madrid.

En 1998, comezou a interesarse polas cuestións tecnopolíticas. Participou na asemblea do Node50, unha organización dedicada a potenciar o uso da tecnoloxía na sociedade civil. Padilla abandonou Node50 en 1999 para fundar sinDominio no centro social okupado El Laboratori I. Asemade, escribiu o artigo "Por qué Nodo50 ha dejado de interesarme" para explicar as súas razóns para marchar do proxecto e realizar unha ampla análise do proceso de transformación que estaba a experimentar internet coa privatización e liberalización dos servizos e a expansión das multinacionais, reivindicando un modelo de "telemática antagonista" dende o sur e a utilización da programación libre. Ademais, advertiu que as novas tecnoloxías non abondan para modificar prácticas profundamente arraigadas nas vellas formas de facer política.

No ano 2000 participou no hacklab Cielito Lindo, creado no barrio de Lavapiés, en Madrid.

Publicacións

Libros

Manuais

Escritos e publicacións en liña

Notas

Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Cataluña Categoría:Hackers

Categoría:Nados en Barcelona

Categoría:Nados en 1957