Frinón (en ) foi un xeneral ateniense que viviu no século -VII e foi campión nos Xogos Olímpicos. Traxectoria Naceu en Atenas antes do -657. No -636 foi campión no estadio, e na 36ª Olimpíada tamén no péntatlon, segundo EusebioEusebio de Cesarea, Crónica, 193. ou no pancracio, segundo Dióxenes Laercio.

Tras as súas vitorias, os atenienses nomeárono xeneral. Entre os anos -608 e -606 houbo unha guerra entre Atenas e Mitilene por disputas territoriais. Ambas as cidades querían o control de Sixeo, que Frinón conquistara. Para poñer fin rapidamente ao conflito, o ateniense aceptou un desafío a combate persoal de Pítaco, o xeneral mitileneo e un dos Sete Sabios de Grecia. Frinón foi derrotado, porque Pítaco tiña unha rede agochada baixo o seu escudo coa que o inmobilizou e o matou, e Mitilene tomou Sixeo. O poeta Alceo escribiu versos sobre este combateDióxenes Laercio, Vidas e doutrinas dos filósofos máis ilustres, I 74.. Os soldados atenienses recolleron o corpo de Frinón e levárono a Atenas, onde foi enterrado con honrasPlutarco, Obras morais: «Sobre a malevolencia de Heródoto», 15.858a-b..

Notas

Categoría:Personalidades de Atenas na Antigüidade Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Campións olímpicos Categoría:Nados no século -VII Categoría:Finados en -605 Categoría:Atletas