Manuel Abella Peligero, nado en Pedrola, Zaragoza, o 9 de abril de 1768 e finado en Zaragoza o 29 de abril de 1817, foi un historiador e numismático español, académico da Real Academia Española e da Real Academia da Historia.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Manuel Abella naceu na vila zaragozana de Pedrola o 9 de abril de 1768, fillo de Ventura Peligero Bernabé y Raulin e de Francisco Abella Zaidin,"Manuel Abella Peligero de Bernabé". Geneanet.org unha familia da infanzonía aragonesa.

Cursou estudos de Gramática nas Escolas Pías de Zaragoza, e logo Filosofía e Xurisprudencia na Universidade de Zaragoza."Manuel Abella". Real Academia Española (RAE.es).

Traxectoria profesional e académica Cara á fin da década de 1780 marchou a Madrid para exercer como bibliotecario do duque de Villahermosa, e en 1795 fixo a súa primeira publicación, sobre a diplomática española, baixo a protección de Manuel Godoy."Manuel de Abella Peligero". Historia Hispánica. Real Academia de la Historia (historia-hispanica.rah.es).

A partir de entón comezou a colaborar en diversas comisións da Real Academia da Historia, na que entre outras cousas dirixiu unha Colección diplomática de España en trinta e dous volumes manuscritos. Outra das súas contribucións para esta academia foi no Diccionario geográfico-histórico de España, cuxos dous primeiros tomos se imprimiron en 1802. Nese mesmo ano, ingresou como académico numerario tanto na Real Academia da Historia como na Real Academia Española (cadeira O).

Á parte da súa vida académica, Abella ocupou varios cargos públicos de índole administrativa e política. Tamén foi Oficial da Secretaría do Despacho en dúas ocasións, e o 15 de xuño de 1809 foi nomeado secretario da comisión de Cortes da Xunta Gubernativa Suprema. Logo, entre 1814 e 1815, exerceu como cónsul de España en Nápoles. O 13 de marzo de 1815 foi condecorado coa Orde de Carlos III, e retirouse á súa provincia natal.

Manuel Abella finou en Zaragoza o 29 de abril de 1763, aos 49 anos.

Publicacións

(1795). Noticia y plan de un viage para reconocer archivos y formar la colección diplomática de España, encargada por el Rey. Imprenta Real, Madrid. (n/d). Indice de la Colección de Manuscritos pertenecientes a la Historia de Yndias que escribía Dn. Juan Baptista Muñoz y por su muerte se han hallado en su Librería: formado de Real Orden. Manuscrito. (n/d). Razón de las monedas de Castilla en tiempo de Alfonso VIII.

Notas

Categoría:Nados en 1768 Categoría:Nados na provincia de Zaragoza Categoría:Finados en 1817 Categoría:Deputados nas Cortes de Cádiz Categoría:Políticos de Aragón Categoría:Escritores de Aragón Categoría:Historiadores de España Categoría:Numismáticos de España Categoría:Académicos da Real Academia Española Categoría:Alumnos da Universidade de Zaragoza Categoría:Personalidades sen imaxes