Jaan Eilart, nado en Pala o 24 de xuño de 1933 e finado en Tartu o 18 de maio de 2006, foi un filósofo, ecólogo paisaxista, historiador cultural e conservacionista estoniano.

Traxectoria Eilart naceu en Pala, parroquia de Kirna, condado de Järva. En 1957 comezou a ensinar conservación como materia na Universidade Estatal de Tartu. En 1958 estabeleceu o Círculo de Protección da Natureza dos Estudantes de Tartu (en ; TÜLKR), que supostamente é a comunidade estudantil máis antiga dedicada á conservación, e en 1966 estableceu a Sociedade de Conservación da Natureza (en ; ELKS). En 1969 Eilart liderou o estabelecemento do Parque Nacional de Lahemaa que foi o primeiro parque nacional na Unión Soviética. Máis tarde tamén deu instrucións sobre o estabelecemento de parques nacionais na República dos Komis, Armenia e Tadjiikistán. Eilart ocupou a presidencia do Comité de Europa Oriental da UICN de 1982 a 1990. Morreu, aos 72 anos, en Tartu.

Obra 1963: Viidumägi – haruldaste taimede kodu. Coautor con Aino Õige. Talín: Eesti Riiklik Kirjastus

Notas

Categoría:Nados en 1933 Categoría:Profesores da Universidade de Tartu Categoría:Alumnos da Universidade de Tartu Categoría:Finados en 2006 Categoría:Ecoloxistas de Estonia Categoría:Botánicos de Estonia Categoría:Ecólogos