Hans-Voldemar Trass, nado o 2 de maio de 1928, e finado en Tartu o 14 de febreiro de 2017, foi un ecólogo e botánico estoniano. Foi membro da Academia de Ciencias de Estonia dende 1975 e presidente da Sociedade de Naturalistas de Estonia de 1964 a 1973 e de 1985 a 1991. En 1992, Trass foi galardoado coa Medalla Acharius pola Asociación Internacional de Liquenoloxía.
Trass casou coa actriz estoniana Raine Loo. A parella tivo un fillo, o compositor e organista Toomas Trass.Teater. Muusika. Kino / 08-09 / 2000 -Persona Grata Toomas Trass ... Consultado o 17 de decembro de 2016.
Trass morreu en Tartu, Estonia, o 14 de febreiro de 2017, á idade de 88 anos.
Notas
Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Ecoloxistas de Estonia Categoría:Botánicos de Estonia