miniatura|A ra arborícola europea Hyla arborea. Unha ra arborícola é unha especie de ra que pasa a maior parte da súa vida nas árbores, o que se coñece como estado arbóreo. Varias liñaxes de ras evolucionaron na suborde dos Neobatrachia dando lugar a especies arborícolas, aínda que non están estreitamente relacionadas entre si. En Galicia viven ras arborícolas comúns como Hyla molleri (rela, estroza).

Millóns de anos de evolución converxente deron lugar a unha morfoloxía moi similar nestas ras, mesmo en especies que non están estreitamente relacionadas. Ademais, as ras arborícolas en ambientes estacionalmente áridos adaptáronse adquirindo unha capa extraepidérmica de lípidos e moco como unha resposta evolutiva converxente para acomodarse ao estrés de deshidratación periódico.

Descrición miniatura|Agalychnis_callidryas, Península de Osa, Costa Rica. miniatura|Hypsiboas rosenbergi, Península de Osa, Costa Rica. Como o seu nome implica, estas ras atópanse norsmalemnte na árbores ou outa vexetación que creza alta. Normalmente non baixan ao chan, excepto para aparearse e desovar, aínda que algunhas constrúen niños de escuma nas follas e raramente abandonan a árbores cando son adultos, e as Eleutherodactylus evolucionaron adquirindo un desenvolvemento directo e, por tanto, non necesitan auga no seu estado de cágado.

As ras arborícolas adoitan ser diminutas, xa que o seu peso debe ser soportados por pólas e poliñas nos seus hábitats. Aínda que algunhas chegan a 10 cm ou máis, son normalmente máis pequenas e máis delgadas que as ras terrestres. Teñen xeralmente discos ben desenvolvidos na punta dos dedos e dedas, que utilizan diversos mecanismos de adhesión que varían coas circunstancias; requiren unha forza de xeración estática e dinámica, adhesiva e friccional, reversible e repetible; os propios dedos e dedas, así como as extremidades, tenden a ser máis ben pequenos, o que resulta nunha capacidade de agarre superior. O xénero Chiromantis dos Rhacophoridae é máis extremo nisto: pode opoñer dous dedos aos outros dous, creando un agarre parecido a un torno de banco.

Familias

As ras arborícolas poden pertencer ás seguintes familias ou xéneros:

Hylidae, ou ras arborícolas comúns ou "verdadeiras", que viven nas partes temperadas e tropicais de Eurasia ao norte dos Himalayas, Australia e as Américas. Rhacophoridae, ras de arbustos, de rexións tropicais arredor do océano Índico: África, sur de Asia e sueste asiático e cara ao leste ata a liña de Lydekker. Unhas poucas viven en Asia oriental. Centrolenidae, parecen estar moi emparentadas cos hílidos; son ras traslúcidas (ás veces chamadas ras de cristal) nativas de América Central e do Sur. Hyperoliidae, ras de xunqueiras, estreitamente relacionadas cos Microhylidae que escavan tobeiras; estas pequenas ras son nativas da África subsahariana. Boophis é un xénero de ras moi arborícolas que evoucionaron das ras tóxicas terrestres Mantellidae de Madagascar, familia á que pertence.

Galería

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Anuros